Santiago: o Salón Teatro estrea «Meu ben», do grupo Eme2

Teatro Meu Ben_Santiago

O Salón Teatro acollerá os días 4, 5, 6, 7 e 8 de xuño a estrea en Compostela de «Meu Ben», a nova peza teatral de Eme2. Agradecémosvos que incluades o evento na vosa axenda. Podedes descargar fotografías para ilustralo aquí: 1, 2, 3 e 4. E aquí tedes, tamén, o dossier. Dende hoxe pendura do balcón do Salón Teatro unha lona coa imaxe da obra e comezan a chegar aos restaurantes da cidade os manteis de Meu Ben. Nas próximas semanas, contarémosvos máis detalles e estaremos á vosa disposición para fixar entrevistas coas protagonistas, concursos co voso público, etc.

Baseada na novela de Elainne Murphy e dirixida por Alvaro Lavín, Meu Ben conta a historia dun ano extraordinario na vida de tres xeracións de mulleres de clase media. Amber vive sen preocupacións, recén saída do instituto, está no mellor da vida, ten unha relación cun tal Paul e continuamente anda de festa… ata que sofre unha molesta «indixestión». A súa nai Lorraine ataca un cliente no traballo polo que ten que visitar un «médico da cabeza» que lle receita facer algo bo para ela mesma unha vez por semana: é hora de apuntarse a clases de salsa! Mentres, a súa avoa Kay intenta sentirse viva nos frustrantes sesenta mentres coida do seu marido enfermo.

 

Ficha artística
Dirección: Álvaro Lavín
Elenco: Mercedes Castro, Elina Luaces, Rocío González
Música: Anxo Graña
Videocreación: Roi Fernández
Deseño de iluminación: Afonso Castro

Duración: 90 minutos

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar