O legado do intelectual Agustín Sixto Seco intégrase na Cidade da Cultura

Vázquez Abad_convenio familia Sixto Seco cesión bilioteca

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou coa familia do intelectual galeguista falecido hay dez anos Agustín Sixto Seco o contrato de constitución do comodato do fondo bibliográfico e documental do médico e intelectual galego. O legado de Sixto Seco, que xa foi trasladado á Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, será catalogado nos vindeiros meses para que poda ser consultado por todos os cidadáns.

A biblioteca de Sixto Seco, formada por máis de catro mil volumes, abrangue desde importantes edicións dos primeiros tempos da edición galega de postguerra, especialmente de Galaxia, fondos americanos procedentes da emigración galega, e abundantes obras sobre Galicia, sobre medicina e sobre temas históricos, relixiosos, políticos, literarios, educativos e de cantos eidos abarcaban o seu interese e curiosidade por todos os ámbitos da cultura e da sociedade.

 

Agustín Sixto Seco_VCAL

O arquivo do doutor destaca polo interese e importancia do amplísimo número de documentos nel recollidos, así como pola características dos mesmos, testemuñas do desenvolvemento da sociedade galega ao longo do século XX e do nacemento de Galicia como Comunidade Autónoma. Boa parte deste valor débese á relación do doutor coas principais figuras da cultura galega, nacionais e internacionais – especialmente do ámbito latinoamericano- da súa época.

O legado documental está composto dunha banda polo propio arquivo en papel persoal realizado por Sixto Seco e, doutra, pola documentación recompilada trala súa morte. Ambos os dous recollen un amplo número de cartas, conferencias, discursos, entrevistas, artigos xornalísticos e notas do intelectual. Ademais inclúen dossieres e documentación sobre as fundacións e institucións culturais máis senlleiras da nosa terra – Rosalía de Castro, Otero Pedrayo, Valle-Inclán, Centro Ramón Piñeiro entre outros – e de acontecementos tan importantes para Galicia como o retorno dos restos de Castelao ou o anteproxecto de estatutos do Panteón de Galegos Ilustres.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar