En marcha o proxecto da Ronda Leste de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra adxudicou hoxe a redacción do proxecto de construción da Ronda Leste de Pontevedra _no tramo PO-542 (Ponte Bora-O Pino) e PO 532 (Pontevedra-Pontecaldelas), acceso a Montecelo e Príncipe Felipe_ á empresa Eptisa, por un importe de 37.649 euros.
O contrato da asistencia técnica corresponderá a dúas actuacións: dunha banda, a redacción do antedito proxecto de construción do mencionado tramo da Ronda Leste; e, doutro, a presentación dun documento independente de proxecto construtivo de pasarela peonil para a conexión da avenida Domingo Fontán co entorno da Comandancia da Garda Civil e o Parque de Bombeiros.
O prazo de execución da redacción do proxecto será de catro meses e ao concurso presentaránse dez empresas, entre as que resultou adxudicataria a devandita Eptisa.

LIMPEZA DE ESTRADAS

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, na súa Xunta de Goberno desta mañá, o expediente de contratación dos traballos de limpeza e acondicionamento dos marxes e beiravías de preto de 70 estradas en toda a provincia de Pontevedra. O orzamento dos traballos ascende a 504.000 euros e inclúe un paquete de actuacións na zona sur da provincia que afectará a 22 estradas e 111 quilómetros de viais.
22 quilómetros de estradas en O Morrazo
Así, na comarca de O Morrazo actuarase en sete viais, cunha lonxitude total de case 22 quilómetros.
Trátase das estradas Bueu-Igrexario de Cela, cunha lonxitude de 3.230 metros; Igrexario de Cela-Outeiro-Bueu, con 3.230 metros de longo; Portela-Ermelo (4.042 metros); Cangas-Coiro-Magdalena (2 quilómetros); Meira-Fraga (3 quilómetros); Beluso-Cabo Udra (1.920 metros); Hío-Vilanova (3.100 metros) e Vilariño-Hío (algo máis de medio quilómetros).
9 estradas en Condado-Paradanta
A elas súmanse outros oito viais nas comarcas de O Condado e A Paradanta, cunha lonxitude total de preto de 75 quilómetros.
Trátase das estradas Arbo-Cabeiras-Barcela (4.316 metros); Ponte do Val-Barciademera (7.500 m.); Areas-Alxán-Cabreiras (12.340 m.); Alxán-Grixó (1.326 m.); A Cañiza-Mourentán (12.990 m.); Río Frío-Borbén (9.553 m.); Río Frío-Vilar (1.830 m.); Mondariz-Fozara (4.406 m.); Amoedo-Os Valos (8 quilómetros); Achas-Franqueira (11.208 m.)
Ademais, procederase tamén á limpeza e rozado das marxes das estradas Calvario-La Garrida, en Vigo e Nigrán-Vincios.
En todos os casos, as actuacións afectarán a ambas as marxes das estradas e consistirán na limpeza de noiros, cunetas e marxes das estradas, rozando a vexetación que medrou considerablemente debido ás choivas e que en moitos puntos dificulta o tránsito polas beiravías e limita a visibilidade de peóns e tráfico rodado.
Ademais, realizaranse labores de perfilado das cunetas, desatascaranse as canalizacións e retirarase a broza, terra e restos de vexetación que se acumula nas beiravías e nos canles de recollida de augas alí onde sexa necesario.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar