O escritor Agustín Fernández Paz, premio Trasalba na sua 32 edición

Agustín Fernández Paz_escritor galego_Premio Trasalba 2014

O escritor Agustín Fernández Paz foi elixido o nome da 32 edición do premio que organiza en Trasalba a Fundación Otero Pedrayo. O acto de entrega do a galardón de 2014 levarase a cabo, como é tradicional, o último domingo do mes de xuño (día 29) na casa grande de Cimadevila, en Amoeiro, casa museo de Ramón Otero Pedrayo.

Os promotores deste galardón valoraron especialmente a «significación» de Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) no ámbito da literatura dirixida aos lectores máis novos –infantil e xuvenil–, ámbito no que o autor ha alcanzando unha recoñecida fama dentro e fóra das nosas fronteiras.

Así mesmo, foi valorado o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagóxica que empezaron a desenvolverse a partir dos anos 80, un campo que ata o momento non foran considerados na nómina de Premios Trasalba, o que «sen dúbida os enriquece», destaca o xurado.

Agustín Fernández Paz conta na súa bagaxe con outros galardóns como o Premio Merlín (1989), o Premio Lazarillo (19990), o Premio Ourense de Banda Deseñada (1992), o Premio Edebe (1994, 2005), o Premio Barco de Vapor (2003), o Premio Martín Sarmiento (2006), o Premio Xerais de Novela (2007), o Premio Ibeoamericano SM de Literatura Infantil (2011), o Premio Ánxel Casal (2011), o Premio Lousada Diéguez (2012), e o Premio Nacional de Literatura (2008), entre outros.

Ademais, recibiu o Premio da Crítica e estivo seleccionado na Lista de Honra do IBBY, ao que hai que engadir que foi premiado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Federación de Libreiros de Galicia, Galix, e outros. A súa obra está traducida a diversos idiomas.
LIBRO HOMENAXE

O escritor e presidente de Galix, Francisco Castro, será a persoa encargada de escribir o laudatio do galardoado e, para a ocasión, a fundación prepara, en otrno á personalidade e a traxectoria biográfica de Fernández Paz, un libro homenaxe, publicación tradicional tamén nos últimos anos.

O premio ten un carácter honorífico e está representado por unha figura de bronce do patriarca das Letras Galegas, obra do escultor Manuel Budiños.

Na edición anterior, a persoa homenaxeada for a a ‘gaiteira’ Cristina Pato, que tamén estará presente na celebración e dará o relevo a Agustín Fernández Paz.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar