O primeiro Concurso de Viños Atlánticos celebrarase en Pontevedra

Pontevedra acollerá o vindeiro ano a celebración dun pioneiro Concurso de Viños Atlánticos organizado pola Deputación de Pontevedra e o comité do Concurso de Bruselas, según anunciaron en rolda de prensa o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, e o Baudouin Havaux e José Manuel Revuelta, representantes do certamen vinícola de Bruselas.
O Concurso dos Viños Atlánticos será a primeira vez que se celebre e nel participarán viños franceses (da zona de Burdeos), vascos (chacolí), galegos, portugueses, andaluces (Jerez) e canarios.
Havaux -presidente do Concurso de Bruselas, experto da FAO e director xeral de Vinopress- explicou que a celebración en Pontevedra no 2015 do primeiro Concurso de Viños Atlánticos responde ás características propias que todos eles presentan. Destacou que se trata de liderar dende Pontevedra, baixo a bandeira do viño Albariño, un proxecto de captación de fondos europeos no que se involucrará a outras comunidades autónomas para levar a cabo un proxecto de turismo enolóxico, sostible e gastronómico que consolide a Dieta Atlántica e os Viños do Atlántico.
Na súa comparecencia calificou a estes viños de pero cunha grande necesidade de potenciación e proxección pois .
Destacou, finalmente, que este primeiro Concurso dos Viños Atlánticos será unha primeira fase para optar á celebración en Pontevedra do Concurso Mundial de Bruselas _considerado como o máis recoñecido e prestixioso concurso mundial do sector do viño_ no 2017 pois o lugar da súa celebración decídese con dous anos de anticipación. Este ano celebraráse en Bruselas a primeiros do vindeiro mes de maio ainda que noutras ocasións celebrouse en Lisboa, Bratislava, Maastricht, Palermo ou Luxemburgo, entre outras cidades.
Pola súa banda, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, destacou a oportunidade que suporá para Pontevedra e a DO Rías Baixas a celebración por primeira vez dun Concurso de Viños Atlánticos pois significará .
Louzán lembrou a gran importancia da DO Rias Baixas á hora de xenerar traballo, con máis de 10.000 familias que viven deste sector e coa aportación de máis do 7% dos empregos directos nos concellos en que se asenta .

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar