O PP de Oimbra aposta por asentar empresas para consolidar emprego e poboación

Congreo PP Oimbra

O Centro Social de Oímbra acolleu esta tarde o Congreso Local do PP neste municipio. A única candidatura presentada, a liderada por Ana María Villarino Pardo, acadou o 100% dos votos emitidos polos compromisarios que participaron neste proceso.

A presidenta electa comezou a súa intervención agradecendo “o intenso traballo que leva desenvolvendo o PP en Oímbra nos últimos 35 anos. Un equipo unido de persoas, sempre sumando e traballando a prol do noso municipio e dos nosos veciños”. Ana María Villarino tamén avanzou os retos de futuro marcados dende o PP local: “Conseguir o proxecto de urbanización do parque empresarial, no que xa temos a delimitación do solo. A nosa aspitación é asentar empresas que consoliden emprego e poboación en Oímbra. E a esto unímoslle tamén a necesidade de aprobar o PXOM, para sentar as bases do noso crecemento e seguir traballando sen fisuras”.

Trala intervención da presidenta electa, tomou a palabra o vicesecretario xeral do PPdeG, Agustín Hernández Fernández de Rojas, quen salientou a intensa actividade orgánica desenvolvida no PP de Ourense, con 43 congresos locais celebrados ata o día de hoxe.

Precisamente da capacidade de traballo falou tamén o presidente provincial, Manuel Baltar, encargado da clausura do Congreso Local de Oímbra. “O noso esforzo diario verase refrendado, como sempre, nos resultados electorais. O PP gañará as eleccións en porque ten gañada a confianza dos cidadáns”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar