Especialistas da Universidade interésanse polos restos arqueolóxicos de Lugo

Restos arqueolóxicos Lugo_expertos USC
Un grupo de profesores universitarios e investigadores, encabezados pola Directora do Departamento de Historia I da USC, Raquel Casal, e que forman parte do profesorado do Máster Universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade impartido pola Universidade de Santiago de Compostela, visitaron esta tarde a estrutura funeraria descuberta nas obras de rehabilitación do Vello Cárcere.

Nesta visita de excepción estiveron acompañados pola Xefa de Arqueoloxia do Concello de Lugo, Covadonga Carreño, que lles explicou os restos atopados e como se fixo a súa rehabilitación. Desta maneira, puideron ver a estrutura funeraria moi puco común na zona norte de España e que está formada por unha tumba de inhumación e unha estrutura que tiña como obxecto lavar con auga os corpos dos mortos antes de enterralos.

A musealiazación in situ e a súa rehabilitación levouse a cabo con fondos do Plan URBAN que ten o 80% de cofinanciación do FEDER da Unión Europea, e que permitirá desfrutar aos cidadáns dun novo espazo arqueolóxico na cidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar