A TVG sube en audiencia, segundo o Estudio Xeral de Medios

Control de realización da Televisión de Galicia.
Control de realización da Televisión de Galicia.

Os datos da primeira onda de 2014 do Estudo Xeral de Medios, realizada entre os meses de febreiro e marzo, sitúan a Televisión de Galicia como a segunda canle autonómica con maior cota de pantalla, cun 12,7% de luns a domingo e unicamente superada por Canal Sur. Esta cifra coloca a TVG no terceiro posto en Galicia. De luns a venres a cota da canle pública medra ata un 12,8%.

Especialmente salientables son os datos de audiencia dos luns e dos mércores, cunhas cotas de pantalla do 16,3 e do 14,6% respectivamente. Cómpre destacar tamén que a TVG incrementa o seu share en 4 décimas, ou nun 3,3%, con respecto ao mesmo período do ano pasado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar