Galicia duplica las exportaciones de España

Exportacións

Segundo un informe feito público polo Instituto Galego de Estatística, IGE, no pasado febreiro as exportacións aumentaron en Galicia un un 14,4% respecto ao mesmo mes de 2013, e no total dos dous meses que van do ano 2014 a variación é tamén positiva, do 5,9%.

Os produtos con maior repercusión positiva nas exportacións de febreiro foron os “Vehículos automóbiles, tractores” (o material de transporte presenta unha repercusión de 7 puntos) seguidos dos “Combustibles, aceites minerais” e dos “Produtos químicos inorgánicos” e “Barcos e embarcacións”. Pola contra, os produtos con maior influencia negativa, foron: “Fundición, ferro e aceiro” e “Aparellos e material eléctrico”.

Nestes dous meses do ano 2014, as vendas ao exterior de “Vehículos automóbiles; tractores” e de “Barcos e embarcacións” son as que máis contribúen ao crecemento do conxunto das exportacións, mentres que as influencias negativas no total corresponden ás exportacións de “Combustibles, aceites minerais” e “Fundición, ferro e aceiro”.

IMPORTACIÓNS

Os produtos que máis positivamente influíron nas importacións en febreiro foron os ”Vehículos automóbiles; tractores” que cun peso do 18,7% sobre o total das importacións repercute en 6,7 puntos sobre o resultado final; destaca tamén a “Fundición, ferro e aceiro”. Pola contra, a maior repercusión negativa foi nos: “Combustibles, aceites minerais” e nas “Prendas de vestir; non de punto” (gráfico 2).

Neste ano 2014, o leve incremento nas importacións (0,3%) ven explicado, fundamentalmente, polo aumento nas compras ao exterior de “Vehículos automóbiles; tractores”, que repercute 10,1 puntos na taxa de variación do total das importacións. A maior repercusión negativa é a dos “Combustibles, aceites minerais”.

ZONAS XEOGRÁFICAS

En febreiro, as expedicións dirixidas á UE-28 (69,9% do total) presentan un aumento interanual do 25,6%, debido fundamentalmente ao aumento das vendas a: Alemaña, Bélgica, Francia, Italia, Países Baixos, Reino Unido e Portugal. Sómente baixan as vendas a países cun escaso peso no total como son: Estonia, Hungría e Croacia.No caso das introducións da UE-28, que este mes de febreiro representan un 59% do total, prodúcese un aumento do 42,7% a pesares dos datos negativos con Reino Unido, Bélxica ou os Países Baixos. Con respecto ao resto de países, cómpre destacar o aumento das exportacións cara a Estados Unidos, Marrocos, Mercosur e OCDE.


Comercio exterior orixe-destino febreiro 2014_IGE

Nas importacións destaca o descenso das compras agás novamente cos Estados Unidos e OCDE. Comercio exterior orixe-destino febreiro 2014_IGE No transcurso deste ano 2014, o máis salientable dos intercambios comerciais coa Unión Europea é o bo comportamento das exportacións que sómente vese ensombrecido polas taxas negativas con Alemaña e Reino Unido. No comercio con terceiros países sobresae o aumento das exportacións cara a Mercosur e o aumento das importacións procedentes de EEUU.

COMUNIDADES AUTÓNOMAS

O peso de Galicia no conxunto de España, en febreiro de 2014, ascende ao 6,7% no total de exportacións e ao 4,7% nas importación, e presenta unhas taxas do 14,4% e do -8,9% respectivamente.

O aumento das exportacións en España no mes de febreiro de 2014 (4,9%) ven explicado principalmente pola evolución positiva de: Castilla y León, Comunidad Valenciana, Galicia, Castilla- La Mancha, Navarra, País Vasco e Canarias con taxas de variación por riba do 10% con respecto ao mesmo mes do ano anterior. As taxas máis negativas atopámolas en Murcia e Aragón.

En canto ás importacións, o aumento do 6,9% no conxunto do estado débese principalmente aos fortes incrementos nas taxas de variación de comunidades como: Illes Balears, Cantabria e Comunidad Valenciana.

 

Comercio exterior por CCAA
Neste ano 2014 o crecemento das exportacións do 4% en España débese principalmente ao aumento nas vendas ao exterior de case todas as comunidades agás: Aragón, Extremadura e Comunidad de Madrid.

O aumento das importacións en xeral en case todas as comunidades autónomas explica o incremento das importacións españolas do 3%. Unicamente : Canarias, Comunidad de Madrid, País Vasco e Región de Murcia presentan taxas negativas.

EVOLUCIÓN DO COMERCIO EXTERIOR

Na análise temporal en ciclo-tendencia do comercio exterior de Galicia, obsérvase unha recuperación das taxas de variación interanuais das exportacións desde o segundo trimestre de 2012, despois do rápido descenso do ano anterior e novamente descenden tralo verán. No perfil das importacións, vese un estancamento nas taxas positivas desde mediados do ano 2012, iniciándose no segundo trimestre do 2013 unha caída nas mesmas cun pequeno repunte no verán de 2013.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar