Alerta de mildiu da vide en Pontevedra

Mildiu vide
As condicións meteorolóxicas fan necesaria a aplicación de tratamentos para evitar danos na uva
Técnicos da Estación Fitopatolóxica de Areeiro alertaron da aparición das primeiras manchas de aceite nestes días en diversas zonas tralas últimas condicións climáticas rexistradas con temperaturas nocturnas suaves e elevada humidade relativa.

Para esta semana, as previsións meteorolóxicas anuncian alta posibilidade de precipitacións todos os días polo que dende Areeiro aconséllase o uso de funxicidas sistémicos ou penetrantes, que non sofren lavado con tal de que transcorra unha hora sen precipitacións e deste xeito aproveitar os períodos de claros para tratar.

O mildiu trátase dun dos fungos que máis ataca a vide, follas, zarcillos, ás ramas máis novas, e ácimos antes do cambio de cor polo que ademais do ademais da aplicación do funxicida correspondente, recoméndase a adición de produtos mollantes para facilitar a adherencia do funxicida á vexetación e incrementar a súa efectividade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar