A Carraca soa estes días na Catedral de Santiago

Carraca Catedral Santiago_2

Ao igual ca onte, durante  o día de hoxe, Sábado Santo, o son das campás da Catedral de Santiago será substituído un ano máis pola Carraca, instrumento de percusión que se atopa aloxado na torre norte da fachada do Obradoiro.

Segundo informou a Catedral de Santiago, o feito de que a torre se atope en pleno proceso de restauración non impedirá que este ano, como é tradicional nos últimos anos, a Carraca substitúa ao son das campás durante eses dous días.

A Carraca ten forma de aspa ou cruz de Santo Andrés e acciónase manualmente mediante unha manivela. O actual instrumento é unha réplica da vella Carraca, que foi construída en 2010 polo Consorcio de Santiago, ano no que se retomou o seu uso. O antigo aparato foi restaurado e pode verse no Museo da Catedral.

As carracas son instrumentos de percusión que tradicionalmente facíanse sonar nas celebración de Semana Santa, como substitución das campás, en recordo da morte de Cristo. En total, a Carraca da Catedral soará eses días en cinco ocasións.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar