A Radio e a Televisión de Galicia colaboran cos escritores polo Día Mundial do Libro

 

Escritores galegos e TVG

O vindeiro día 23 de abril celébrase en todo o mundo o Día do Libro. Conscientes da relevancia desa data e da importancia da lectura no conxunto da cidadanía, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e a Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) presentaron esta mañá nas instalacións da TVG a iniciativa #EnGalegoLeo de fomento da lectura en galego.

A campaña, activa desde o día de hoxe, consiste nunha landing page habilitada desde o departamento de Innovación e Novas Canles da CRTVG e que está aberta a participación de todo o que o desexe e tamén desde o hashtag #EnGalegoLeo en Twitter para que «sexa un punto de encontro de toda a cidadanía que pode participar coas súas experiencias lectoras, recomendacións, comentarios e mesmo aportando videos ou fotografías», segundo detallou na rolda de prensa Fernando R. Ojea, director de Comunicación da CRTVG.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar