Louzán visita en Bos Aires o Colexio «Santiago Apóstolo»

Louzán_colexio Santiago Apóstol Buenos Aires_1

O presidente da Deputación Rafael Louzán, visitou o colexio Santiago Apóstolo en Bos Aires, escola creada en 1989 por iniciativa da Xunta do Centro Galicia de Bos Aires (a través da Fundación Galicia-América), dedicada a acoller e formar estudantes de diferentes nacionalidades co valor engadido da lingua e a cultura galegas.

A escola ten o propósito de desenvolver un proxecto educativo bicultural en tódolos niveis de ensinanza combinando as raíces da educación arxentina cos valores culturais do pobo galego inculcando a súa historia, lingua, tradicións, folclore e demais manifestacións.

Louzán_colexio Santiago Apóstol Buenos Aires_2

Por ende, e para que así teñan a oportunidade de conseguir este fin, 20 nenos desta escola visitarán a comunidade galega e se hospedarán no Centro Príncipe Felipe dependente da Deputación durante o mes de setembro. Doutra banda, rapaces e rapazas do Príncipe Felipe terán a oportunidade de visitar Arxentina durante a súa viaxe de fin de curso permanecendo na escola Santiago Apóstolo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar