O alcalde de Pol ve aos veciños maís tranquilos tras á volta ao cárcere do «violador do estilete»

Lino Rodríguez_alcalde Pol

O alcalde do concello lugués de Pol, Lino Rodríguez, asegurou este luns que os veciños do municipio están «contentos» e «tranquilos» tras ingresar de novo esta fin de semana en prisión Félix Vidal Anido, coñecido como o violador do estilete.

Tras tomarlle declaración o pasado sábado despois de que unha muller o identificase como o home que intentou abordala cando quería acceder ao seu domicilio en Augas Férreas, a xuíza de reforzo do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Hortensia Bouso, decretou prisión provisional para Vidal Aniño.

O rexedor, que se mostrou «cauto», recordou que «había moito nerviosismo» hai catro meses cando o coñecido como violador do estilete se instalou na parroquia de San Martiño de Barreiros, onde residen os seus pais, tras cumprir máis de 30 anos de prisión por medio centenar de ataques a mulleres ao ser excarcerado pola derrogación da doutrina Parot.

«Agora, unha vez decátase de que está no cárcere, a xente está contenta e tranquila», abundou. Ao alcalde de Pol, segundo dixo, non lle sorprende a nova detención. «Desgraciadamente xa se prevía e todo o mundo dicía que este o vai volver facer e así é», apostilou. «Quero ser cauto porque a Xustiza está a traballar e no seu momento determinará se foi ou non», apostilou.
PADRE «PREOCUPADOS»

Lino Rodríguez manifestou, ademais, que os pais de Vidal están «preocupados», e apuntou que non teñen tan claro que fose o responsable do ataque en Augas Férreas. «Díxolles que veu no bus de liña, que non era», abundou o alcalde.

Non obstante, os proxenitores do violador do estilete tamén o trasladaron ao alcalde que «se o foi ten que estar onde está». «A nai é a máis afectada, porque lle parece que o seu fillo non fixo isto», explicou.

Sobre os familiares, volveu insistir este luns que é «unha familia normal de San Martiño de Barreiros». «Fan a súa vida e non se meten con ninguén», resaltou o alcalde, que asegura que «Pol é unha zona moi tranquila». «É unha zona onde todo o mundo vive a súa vida», conclúe.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar