Extinguido o incendio forestal de A Capela

O incendio forestal orixinado na madrugada deste luns no termo municipal da Capela quedou extinguido tras queimar unhas 25 hectáreas de superficie.

Segundo informou a Consellería do Medio Rural e do Mar, o lume afectou a unhas 25 hectáreas de monte raso, segundo as estimacións provisionais.

Este incendio forestal comezou ás 5,00 horas na parroquia da Capela, no municipio co mesmo nome, e quedou controlado ás 12,14 horas deste luns, tras o que foi extinguido ás 15,40 horas.

Nos traballos de extinción deste incendio participaron cinco axentes forestais, oito brigadas, tres motobombas e unha pa, segundo concretou Medio Rural.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar