A Amtega estrea nova web con máis contidos

 

Web Amtega

                  amtega.xunta.es

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) estrea web con novas funcionalidades, máis contidos e unha navegación máis intuitiva.

Así, gaña presenza os contidos destinados a colectivos, divididos en tres grupos: cidadáns, empresas e administracións públicas. Así, a través dun único ‘link’, os interesados poden acceder a toda a información relativa ao seu perfil.

Entre outras novidades, inclúense as seccións Amtega Destaca! e Servizos TIC, que permiten que os usuarios accedan de formaforma rápida aos últimos documentos de interese a disposición. Ademais, o blog Xente Dixital, segue achegando as vantaxes do mundo das novas tecnoloxías a través dunha forma amena e sinxela.

Polo seu parte, a información estará agrupada nas áreas: Administracións Públicas, Ensino e Formación, Economía, Empresa e Emprego, Sanidade e Servizos Sociais, Xustiza, Xuventude, Cultura e Ocio, Telecomunicacións, Mar e Medio Rural e Territorio, Vivenda e Transporte.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar