Recuperan o corpo do mariñeiro ghanés

Alexander Ketia_Ghana_Mar de Marín.

   Os mergulladores da Garda Civil recuperaron na tarde deste mércores do interior do pecio do ‘Mar de Marín’ o cadáver do tripulante de orixe ghanés, Alexander Nkeitah, segundo informou Salvamento Marítimo.

   O corpo atopaba na porta da ponte e, segundo detallan as mesmas fontes, foi trasladado ao muelle de Trasatlánticos a bordo da patrulleira ‘Corvo Mariño’.

   O pesqueiro ‘Mar de Marín» afundiuse o pasado 1 de abril na ría de Vigo, ao sur das illas Cíes, ao chocar co buque mercante ‘Baltic Breeze’.

   Tres persoas faleceron –dous de Galicia e unha de Marrocos–, cinco dos dez tripulantes do arrastreiro foron rescatados con vida e outras dúas estaban desaparecidas. Coa localización dun deles unicamente permanece desaparecido un dos mariñeiros, natural da Comunidade galega.

Mar de Marín_Ría de Pontevedra_foto Salvamenteo Marítimo

   Os mergulladores de Salvamento Marítimo colaboraron nas operacións desenvolvidas durante este mércores. O primeiro paso da operación de mergullo foi a inspección dos arredores do pecio mediante a campá de mergullo de Salvamento Marítimo –equipada cunha cámara de vídeo–, co obxectivo de asegurar que as inmersións se podían realizar en condicións de seguridade.

   A continuación, os mergulladores de GEAS de Garda Civil realizaron dúas inmersións durante as cales localizaron o corpo na ponte do barco e o recuperaron e trasladaron a Vigo.

   Por outro lado, durante esta mesma xornada reforzouse o dispositivo de busca en superficie, tanto marítima como aérea. A busca realizouse dende a ría de Pontevedra ata a península de O Grove, incluída a illa de Sálvora.

MEDIOS

   Os medios que este mércores participaron na busca son ‘Sar Gavia’ (plataforma de operacións submarinas), ‘Salvamar Mirach’ (operacións na zona do pecio), persoal da base estratéxica de Salvamento en Fene (apoio a operacións), por parte de Salvamento; o helicóptero ‘Pesca I» e o buque ‘Sebastián de Ocampo’, por parte da Xunta; a patrulleira ‘Tabarca’ da Armada e mergulladores de Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS), o helicóptero ‘Cuco’ e a patrulleira Corvo Mariño, por parte da Garda Civil.

   Ademais, o servizo de Vixilancia Aduaneira colaborou nas tarefas co helicóptero ‘Argos’ e tres patrulleiras — ‘Falcón’, ‘VA-2’ e ‘Aguia Unha»; xunto ao helicóptero ‘Anxo’ da Policía Nacional e os traballos de Protección Civil de Cangas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar