Abel Caballero advirte que «non estamos dispostos a que se barra Vigo do mapa xudicial»

Caballero e dous máis

O alcalde avanzou a a formación «dun consenso tácito na cidade» para rexeitar a reforma de Lei do Poder Xudicial que privaría a Vigo do partido xudicial o que «máis tarde ou máis temprano suporá a desaparición das dotacións xudiciais da cidade». Caballero, quen esta mañá mantivo un enconcontro co decano e o vicedecano dos procuradores, Manuel Castells e Manuel Rodríguez, respectivamente, constatou que, ao igual que os abogados, este colectivo profesional tamén é crítico co proxecto do ministro de Xustiza e insistiu en que «non estamos dispostos a que se barra a Vigo do mapa xudicial», advertiu.

O rexedor explicou que «non parece posible que se retire unha lei que ten como filosofía a distribución das dotacións en xuzgados uniprovinciales con capital única». Neste senso, advertiu que Vigo estaría de acordo se en Pontevedra se estableceran dúas provincias xudiciais, con capital en Pontevedra e en Vigo, pero, matizou «que isto non parece probable». Abogou, ao igual que o fixo o decano dos procuradores en declaracións aos medios, en demandar que a demarcación provincial de instancia teña a capital en Vigo. Respecto do resto das dotacións, insistiu en que, se os tribunais de instancia se concentran na Coruña, tal e como prevé o anteproxecto de lei, «é preciso reclamar a metade do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou o desdoblamento de todas as salas para Vigo».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar