Fallado o premio «José Couso» do Colexio de Xornalistas

A X edición do premio ‘José Couso’ á liberdade de prensa, que conceden os integrantes do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e do Club de Prensa de Ferrol, recaeu na candidatura conxunta integrada polos xornalistas Marc Marginedas, Ricardo García Vilanova e Javier Espinosa, profesionais que foron secuestrados en Siria durante o exercicio da súa profesión.

A resolución do premio, en memoria do cámara de telecinco asasinado na Guerra de Iraq en 2003, e a entrega da cal coincide co undécimo aniversario da súa morte, deuse a coñecer nun acto celebrado este martes na sede de La Caixa na Coruña.

Ao premio ‘José Couso’ optaban este ano cinco candidatos: Edwy Plenel, home clave do diario francés Mediapart; a mexicana Lydia Cacho, coñecida polas súas reportaxes de investigación sobre o narcotráfico; o tabloide británico The Guardian; e eldiario.es; ademais da candidatura conxunta de Ricardo García Vilanova, Javier Espinosa e Marc Marginedas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar