Aumentan un 53% os pasaxeiros en Alvedro

Aeropuerto Alvedro avion Spanair despegando

   O tráfico de pasaxeiros no Aeroporto da Coruña creceu en marzo, por quinto mes consecutivo, un 53,2 por cento en relación co mesmo mes do ano anterior, mentres que o de Vigo aumentou un 5,4 por cento.

   Segundo os datos avanzados este martes por Aena, en Alvedro se rexistraron un total de 81.785 pasaxeiros, dos cales 81.132 foron pasaxeiros comerciais.

O maior crecemento produciuse nos 72.301 pasaxeiros que usaron as instalacións de Alvedro para realizar traxectos nacionais, un 65,5% máis que no mesmo período de 2013.

A «consolidación da recuperación do tráfico aéreo», segundo destaca Aena, no aeroporto coruñés tamén pode verse no número de operacións rexistradas en marzo, con 1.261 movementos dos cales 874 son comerciais (un 70,4% máis).

No caso do tráfico de aeronaves tamén se constata, segundo fai fincapé Aena, «o forte crecemento» do tráfico nacional, que aumenta un 103 por cento.

PRIMEIRO TRIMESTRE

En concreto, nos tres primeiros meses do ano o Aeroporto da Coruña rexistrou 218.530 pasaxeiros, un 45,4 por cento máis que no mesmo período de 2013.

Así, segundo os rexistros de Aena, as operacións do primeiro trimestre foron 3.293, un 43,7 por cento máis que en 2013 no aeroporto de Alvedro.

PEINADOR

Mentres, o Aeroporto de Vigo creceu en marzo por primeira vez dende maio de 2011, en concreto un 5,4 por cento, en relación co mesmo mes do ano anterior. Así, rexistráronse 55.127 pasaxeiros, dos cales 55.115 foron pasaxeiros comerciais (un 5,4% máis).

O maior crecemento en Peinador produciuse entre os 49.559 pasaxeiros que usaron as instalacións de Peinador para realizar traxectos nacionais, un 7,1% máis que no mesmo período de 2013, segundo Aena.

En canto ao número de operacións rexistradas en marzo, 825 voos elixiron a pista de Peinador, un 6,6% máis que no mes de marzo do ano anterior. Deles, 530 realizaron traxectos nacionais, incrementándose este tipo de tráfico nun 1,7%.

A recuperación do tráfico aéreo no aeroporto vigués «irase consolidando», segundo sostén Aena», «ao longo da tempada de verán», iniciada o pasado 30 de marzo, «cunha oferta de asentos que crece un catro por cento con respecto aos números rexistrados na tempada de verán 2013», engade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar