Todo a punto para a apertura de Previsel, o salón da seguridade laboral de Expourense

Presentación Previsel_Expourense

Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral celebra a súa novena edición en Expourense entre os días 9 e 10 de abril presentando, ata o de agora, o programa de actividades máis completo que supera as 40 actividades. Están dirixidas a fomentar a cultura preventiva entre traballadores en activo ou desempregados e prestan especial atención aos que desenvolven a súa labor no agro galego.

A 9ª edición de Previsel foi presentada esta mañá en Expourense nun acto no que estiveron presentes o delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, o director do centro do ISSGA en Ourense, Ángel López, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín. Todos eles destacaron que Previsel é o único salón destas características en Galicia e que consegue a involucración activa de todos os axentes vencellados á prevención.
Tanto os profesionais como o público xeral que asistan a Previsel atoparán un salón dividido en dúas importantes áreas: exposición e xornadas técnicas. A primeira delas recolle unha mostra dos últimos produtos e servizos dispoñibles no mercado. En total, o salón contará con 42 expositores procedentes de Galicia na práctica totalidade e destacando a presenza en feira de distintas asociacións e federacións sectoriais, sindicatos e distintos servizos de seguridade e emerxencia.

NOVIDADES

PREVISEL tamén leva a cabo actuacións para sensibilizar á sociedade en xeral da necesidade de contar con formación en materia de seguridade. Así, unha das novidades desta edición será a mostra sobre os distintos tipos de corpos que operan en Galicia. O obxectivo é que os visitantes do salón coñezan os medios de protección cos que contan estes servizos para poder actuar en caso de auxilio ou preventivo en situacións de risco. Están convidados a participar nesta mostra: Policía Local de Ourense, Policía Autonómica, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil. Esta exposición compleméntase co Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias, AXEGA (só mércores 9 de abril). Trátase dun vehículo dotado das máis modernas tecnoloxías, capaz de coordinar a todas as forzas ante calquera situación de emerxencia ou salvamento.
Pola súa parte, FREMAP traerá ata Expourense a exposición itinerante e audiovisual “A prevención é a mellor medida”, presente por primeira vez en Galicia, que ten o obxectivo de desenvolver e consolidar a cultura da prevención na sociedade española.

Outra das novidades será o simulacro de evacuación en caso de incendio que terá lugar o día 9 e no que participarán coordinadamente distintos corpos de seguridade.

SECTOR PRIMARIO

O número de accidentes laborais en 2013 diminuíu en Galicia nun 5,41% con respecto ó 2012. Esta baixada da siniestralidade deuse en todos os sectores agás no primario, onde sofreu un repunte. Isto levou ó Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) a organizar para previsel 2014 dous seminarios sobre a prevención de riscos no agro galego. O primeiro deles, que terá lugar o mércores 9 de abril, está orientado aos profesionais que traballan nas adegas e no sector vitícola. O segundo será máis xeralista abordando o riscos no sector agrario e profundizará na prevención de accidentes con tractores. Relacionado con esta actividade do sector primario, unha empresa impartirá un obradoiro de prevención do risco de envorcamento en maquinaria agrícola e forestal, coñecido como o sistema “Inclisafe”.

XORNADAS E OBRADOIROS
O interese mostrado por todas as entidades integradas no comité asesor de Previsel, da como resultado que o salón poida presentar un completo programa de actividades que aborda a prevención dende unha perspectiva multidisciplinar. Ademais das xa mencionadas, destaca o seminario organizado pola Confederación Empresarial de Ourense, CEO, baixo o título “Drogas emerxentes: drama legal” impartido polo Coordinador Nacional do Área de Toxicoloxía Clínica (AETOX), Dr. Tomás Camacho.
Pola súa parte, a Consellería de Sanidade será a encargada de tratar o tema das enfermedades profesionais presentando as actuacións que están a levar a cabp dende a saúde pública.

Os sindicatos C.I.G e CC.OO. súmanse un ano máis a Previsel e organizan cada un unha xornada na que convocarán aos seus delegados e afiliados e que están abertas a todos aqueles que desexen acudir. A.C.I.G. participará cunha sesión sobre o control e seguemento das incapacidades temporais por parte das Mutuas. Pola súa parte, CC.OO. organizará unha sesión sobre a situación actual das mutuas.

A seguridade laboral viaria será outro dos temas abordados nun par de conferencias sobre ela e que analizarán aspectos como os accidentes in itinere, os plans de mobilidade e a incorporación da cultura da seguridad viaria nas empresas, nos que participarán a Dirección Xeral de Tráfico, a Inspección de Traballo, mutuas que están impulsando a formación neste eido como é o caso de FREMAP ou de empresas como PREVISONOR.

Este programa de actividades complétase co curso impartido pola Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia, APETAMCOR, sobre o manexo seguro de carretas elevadoras que contará con certificado oficial e que é obrigatorio para os traballadores que as empregan. Impartirase tamén unha xornada de seguridade do traballo en altura e ademais prácticas na excarcelación de vehículos que será impartido polo Servizo de Primeira Intervención do Polígono de San Cibrao das Viñas. Por outra parte, Protección Civil de Barbadás ensinará a manexar extintores.

Previsel ofrecerá algunhas actividades de carácter permanente que poderán realizarse durante o decorrer do salón. Este é o caso das Cadeas de Supervivencia de Cruz Vermella; da Exposición de Equipos de Protección Individual ou das Medicións Antropométricas e Cooximetrías. «Xente con Vida: Promoción de hábitos saudables, exercizo físico e boa alimentación” que ofrecerá o stand da Consellería de Sanidade.
A asistencia a estas actividades é gratuíta (agás o curso de carretas de APETAMCOR) e precisa de inscrición previa a través da web www.previsel.com ou no teléfono 988 36 60 30. Entregarase certificado de asistencia.
Aqueles visitantes que se acheguen en tren ata Ourense para participar nas actividades de Previsel poderán beneficiarse dun 30% de desconto en todas as liñas de RENFE, AVANT incluído. O horario de apertura do salón será de 10 a 14.00 h. e de 16.30 a 19.30 h. o día 9 de abril e de 10 a 14.00 h. a segunda xornada de feira

Previsel é un salón organizado por Expourense co apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), un organismo autónomo integrado pola Administración Autonómica e por axentes sociais e empresariais. Celebra a súa novena edición en Expourense consolidado xa como unha cita imprescindible para todos os axentes sociais involucrados na prevención.

Presentación Previsel_Expourense_2

 PROGRAMA

Mércores 9 de abril

11:00 .- Actuacións dende a saúde pública no campo das enfermidades profesionais.
Imparte: Isabel González García. Técnica do Servizo de Sanidade Ambiental. Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública (Xunta de Galicia).

11:00 .- Sesión teórico–práctica: Prevención do risco de vuelco en maquinaria agrícola e forestal: INCLISAFE.
Imparte: Fernando Chacón Giménez. Desarrollo Tecnológico Agroindustrial.

11:30 .- Inauguración Oficial de Previsel.

12:00 .- Obradoiro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) sobre a Prevención de Riscos Laborais en Bodegas.
Programa:
Introdución do traballo en bodegas.
Ponente: Ángel López Álvarez. Xefe do Centro ISSGA de Ourense.
Os riscos de seguridade nas instalacións e na utilización dos equipos de traballo.
Ponente: Héctor González Nóvoa. Xefe da Sección de Formación do Centro ISSGA de Ourense.
Os riscos do ambioente de traballo, o uso seguro de substancias e mesturas e a manipulación de cargas.
Ponente: Estrella Cancio Fernández. Técnica do Centro ISSGA de Ourense.

12:30 .- A Seguridad Vial Laboral.
Interveñen:
David Llorente Rey. Xefe provincial de Tráfico. DGT – Dirección Xeral de Tráfico.
Margarita Teresa Pampín Martínez. Inspectora de Traballo e Seguridade da Delegación Provincial do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Francisco José Garrido Carballo. Técnico en Prevención de FREMAP.

13:00 .- Mutuas. Situación actual.
Imparte: Violeta Esteban Ceballos. Responsable de Salúde Laboral e Medio Ambiente de CC.OO. de Galicia.

13:45 .- Simulacro de evacuación en caso de incendio.

17:00 .- Xornada sobre Seguridade Viaria.
Contido:
* Seguridade Laboral / Seguridade Viaria
* Accidentes In Itinere e Accidentes en Misión
* Plans de Mobilidade e de Seguridade Viaria
* Incorporación da Cultura de Seguridade Vial nas Empresas
Imparte: Ana Lorenzo Conde. Directora Técnica en Ourense de PREVISONOR, Servizo de Prevención Ajeno.

17:00 .- Integración da Prevención no Proxecto de Edificacións e Actividades no Medio Rural.
Contido:
Deseño para a construcción e montaxe seguros.
Imparte: Emma Noriega García. Colexio Oficial de Arquitectos de Ourense.
Seguridade nos usos das edificacións.
Imparte: Jorge Juan Llorente Vázquez. Colexio Oficial de Inxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense.
Deseño para o Mantemento Seguro.
Imparte: Natalia Gallego Dacosta.  Colexio Oficial de Inxeñeiros Técnicos Agrícolas de Ourense.
Os Previsibles Traballos Posteriores.
Imparte: Rafael Torrado Pérez. Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Inxeñeiros de Edificación de Ourense.
Situación actual do Marco Legal na prevención de riscos en traballos forestales.
Imparte: Santiago García Sánchez. Colexio Oficial de Inxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia.

18:00 .- Ferramentas para a xestión da seguridade e saúde laboral no sector do granito.
Contido:
* Guía audiovisual de boas prácticas.
* Procedementos de traballo para a industria extractiva e plantas de beneficio.
Imparte: Alberto Estévez Méndez. Director Técnico de Previsonor.
Alfonso Ganzález Moral. Secretario da Asociación de Graniteiros de Ourense.

Xoves, 10 de abril
10:00 .- Drogas Emerxentes: drama legal.
Imparte: Dr. Tomás Camacho. Medical Director MD, PhD. Laboratorio Lema&Bandín. Fellow of the American College of Medical Toxicology. Coordinador nacional del área de toxicología clínica (AETOX).
Organiza: Confederación Empresarial de Ourense, CEO.
Programa:
10.00 h.: Entrega de documentación.
10.15 h.: Presentación.
10.20 h.: Drogas emerxentes: drama legal I.
* Situación actual do fenómeno.
* Spice drugs.
* Anfetaminas.
* Piperazinas.
12.00 h.: Pausa.
12.30 h.: Drogas emerxentes: drama legal II.
* Ketamina.
* GHB
* Fungos alucinógenos.
14.00 h.: Clausura.

Esta actividade está financiada pola Fundación para a Prevención de Riscos Laborais e está dirixida prioritariamente a traballadores en activo: técnicos de prevención, médicos de servizos de prevención, empresarios, directivos e traballadores designados.

10:00 .- Xornada Técnica: Control e Seguemento das Incapacidades Temporais por parte das Mutuas: Anteproxecto de Lei.
Imparte: Gabinete de Seguridade Laboral da CIG (Confederación Intersindical Galega).

10:00 a 10:15h. – Presentación das Xornadas. Paco Moral Rodríguez. Secretario de Saúde Laboral da CIG de Ourense.

– 10:15 a 10:30h. – A realidade actual das situación de IT na clase traballadora. Liliana Lafuente Acuña. Técnica  de prevención de Riscos Laborais do Gabinete de Saúde Laboral da CIG.

10:30 a 11:00h. – Consecuenzas da reforma da lei no control e seguemento das IT por parte das mutuas. Luis Burgos Díaz. Técnico do gabinete confederal da CIG, Técnico e representante da CIG no Consello Económico e social e no Fondo de Reserva da Seguridade Social.

11:00 a  11:15 h. – A relación das mutuas coa saúde laboral.  José Fernández Borque. Médico especialista en Menciña do Traballo e valoración do daño corporal do ISSGA.

11:15 a 11:30 h. – Alternativa Sindical da CIG neste contexto. Anxo Pérez Carballo. Técnico de prevención de riscos laborais e membro do Executivo Confederal da CIG.

11:30 a 12:00 h. – Coloquio.

12:00 a 12:15 h. – Clausura. Etelvino Blanco Rodríguez, secretario comarca da CIG de Ourense.

10:00 .- Xornada de Seguridade do Traballo en Altura.
Imparte: Pedro Gómez Pastor. Técnico Superior de Prevención de Riscos Laborais. Responsable Formación de GAMESYSTEM ESPAÑA S.A. Contido:
Introdución. Presentación da empresa.
Dereitos e obrigas dos empresarios/operarios.
A importancia do anclaxe no conxunto do dispositivo anticaídas.
Presentación dos diferentes EPi´s: Tipo – Normalización –  Principios de emprego.
Puntos de anclaxe. Fixos e provisionais.
Rescate.
Necesidade da Formación.

10:30 .- Riscos laborais no transporte de mercancías perigosas por carreteira. Javier Martínez Barahona. Técnico de prevención de FREMAP.

11:00 .- Prácticas de excarcelación de vehículos.
Servizo de Primeira Intervención do Polígono de San Cibrao das Viñas.

12:00 .- Obradoiro do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) sobre a Prevención de Riscos Laborais no Agro.

Programa
Introdución sobre a siniestralidade laboral no agro.
Ángel López Álvarez. Xefe do Centro ISSGA de Ourense.

Os accidentes máis frecuentes no agro. A súa prevención. Héctor González Nóvoa Xefe da Sección de Formación do Centro ISSGA de Ourense.

Algúns accidentes-tipo no sector agrario. Datos da súa investigación.
Estrella Cancio Fernández. Técnica do Centro ISSGA de Ourense.

A prevención das enfermidades profesionais máis significativas no agro.
Mª Teresa Pérez Blanco. Xefa do Equipo Técnico de Medicina Laboral do Centro ISSGA de Ourense.

12:00 .- Demostración de Extinción dun lume real con extintores. Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Barbadás.

Actividades Permanentes

Exposición: “A Prevención é a mellor medida”. FREMAP.
Cadenas de Supervivencia. Cruz Roja.
Posto de Mando Avanzado de AXEGA-112.
(Mércores 9 de abril todo o día).
Exposición de Equipos de Protección Individual.
Orensanex.
Medicións Antropométricas e Cooximetrías. «Xente con Vida»: Promoción de hábitos saudables, exercicio físico e boa alimentación.
Stand: Consellería de Sanidade. Xunta de Galicia.
Obradoiro de manexo de extintores.
Servizo de Emerxencias e Protección Civil de Barbadás.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar