O Valedor admite a trámite a queixa do PP de Ourense contra o alcalde

Rosendo Fernández, voceiro municipal do PP.
Rosendo Fernández, voceiro municipal do PP.

O Valedor de Pobo admitiu a trámite a queixa formulada polo Grupo Municipal do PP contra o alcalde de Ourense e a edil de Urbanismo, segunda teniente de alcalde e presidenta da Comisión de Pleno. Así llo confirmou aos populares mediante un escrito, no que explica que a reclamación dos populares se axusta ao artigo 18 da Lei do Valedor do Pobo.
Tal e como se explica no escrito recibido polos populares (adxuntamos orixinal escaneado), o Valedor do Pobo xa lle requeriu información ao Goberno Municipal sobre a queixa formulada polos populares no mes de marzo, que expoñía o seguinte:
«pola falta de actividade e deixadez de funcións, tanto para o cumprimento de acordos do Pleno da Corporación, como por sistemática violación do dereito fundamental dos membros deste grupo municipal, en concreto o recollido no artigo 23.1 e 2 da Constitución Española, sobre o libre exercicio dos cargos públicos (sempre dentro do marco legal), sen obstáculos que dificulten ou imposibiliten a acción política, neste caso, que teñen encomendada polos seus electores a través das urnas». E nos feitos que expoñen no escrito, o PPOU fai referencia expresa á negativa sistemática do alcalde de Ourense -pese ás reiteradas peticións dos populares- a cumprir co acordo plenario do 29 de xaneiro de 2013:
«O Pleno do Concello, por catorce votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular e Bloque Nacionalista Galego e trece votos en contra dos grupos municipais de PSdeG-PSOE e Democracia Ourensana, adoptou o seguinte ACORDO: Aprobar que a partir de agora se celebre todos os meses de xaneiro de cada ano un pleno extraordinario que sirva de informe e control da xestión do goberno municipal».
Ademáis de relatar a negativa do alcalde a convocar o devandito pleno sobre o Estado da Cidade, dando así cumprimento a un acordo plenario que é firme porque nunca foi recurrido, os populares relatan tamén diversos episodios da negativa, tanto do alcalde en sesión plenaria, como da concelleira presidenta da Comisión de Pleno, a respostar preguntas formuladas polos populares como ferramenta esencial para exercer a súa labor de control, fiscalización e oposición á acción de goberno municipal, así como a denegación de copias concretas de expedientes finalizados.
O Valedor do Pobo, tan pronto como reciba o informe solicitado ao Goberno Municipal, informará aos populares sobre a súa actuación ao respecto, tal e como sinala o escrito.
O portavoz do Grupo Municipal do PPOU, Rosendo Fernández, recalca que «non deixa de ser ben triste que a actitude dictatorial, engreída e prepotente do alcalde e da súa segunda teniente de alcalde, teña que ser analizada e estudiada polo Valedor do Pobo. Pero a súa absoluta falta de interese en restablecer o diálogo institucional, e a súa sistemática negativa a atender ás nosas reiteradas peticións de Xunta de Portavoces, dado o estado calamitoso no que se atopa a xestión política do Concello de Ourense, nos obrigou a recurrir a outras instancias, co fin de defender os nosos dereitos como grupo maioritario desta cidade»

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar