Unha ilustradora manchega faise co Premio «Pura e Dora Vázquez»

Xurado do Premio reunido na Deputación de Ourense.
Xurado do Premio reunido na Deputación de Ourense.

O xurado elixiu por unanimidade a obra da ilustradora de Ciudad Real, destacando o traballo artístico das ilustracións «que maridan perfectamente co texto».
Office 2011 for MAC Clé

A ilustradora de Ciudad Real Patricia Román Ortega foi a gañadora da XI edición do premio «Pura e Dora Vázquez de Ilustración Infantil e Xuvenil», que convoca a Deputación de Ourense, dotado con 1.500 euros.

O xurado, reunido hoxe no Centro Cultural «Marcos Valcárcel», destacou da obra premiada o intenso e importante traballo artístico que supuxo a creación da obra e valora sinaladamente a técnica empregada así comocomo o feito de que «as ilustracións maridan perfectamente co texto».

O xurado -que adoptou por unanimidade a súa decisión-, estivo presidido polo deputado de Cultura da Deputación de Ourense, Avelino García Ferradal, e integrado polos vogais: José Manuel Fernández López, María Rosa González Méndez, Jesús Manuel García Díaz e Xosé Manuel Cid Fernández. ComoComo secretaria actuou a xefa de sección de Arquivo e Publicacións da Deputación de Ourense, Ana Malingre Rodríguez.

Patricia Román é natural de Alcázar de San Juan (Ciudad Real). Estudia Belas Artes en Aranjuez e na súa formación figura un Ciclo Superior de Ilustración e formación no IES Felipe II, centro asociado á Universidade Complutense. Tamén é bolseira do programa Erasmus en Berlín.

Os traballos de ilustración, de diferentes estilos e temáticas, baséanse no texto gañador do premio de narración «O trasno de Bóveda e a chave máxica», de Luis Antonio Pérez Varela.

O premio «Pura e Dora Vázquez» de narración e ilustración infantil e xuvenil é un dos máis prestixiosos certames literario-artístico de Galicia, dirixido ao público infantil e xuvenil, que leva o nome das nomeadas escritoras e poetisas ourensás Pura e Dora Vázquez, que tanto traballaron ao longo da súa vida a prol da cultura e da educación dos máis novos.
Clé de produit Windows 7 Ultimate

Este premio ten comocomo obxectivo fomentar a lectura no público máis novo e á vez recoñecer o traballo de autores literarios e artísticos, unindo na obra premiada estas dúas disciplinas creativas. O libro incluirá o texto gañador e as ilustracións escollidas polo xurado, e empregarase como elemento de difusión e divulgación en campañas de animación á lectura.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar