Xornada de debate do Consello Consultivo de Galicia

Teresa Conde Pumpido_presidente Consello Consultivo Galicia

O director do Encontro sobre a Función Consultiva celebrado en Santiago e presidente da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José Mª Gómez y Díaz-Castroverde iniciou a xornada agradecendo á presidenta do Consello Consultivo de Galicia a súa disposición para a celebración desta xornada suxerindo iniciativas similares a anos anteriores, e suliñou “a necesidade de abundar en coñecementos e experiencias destes dous organismos de cara a mellorar as súas propias actuacións, co beneficio engadido que isto comporta”.

Pola súa banda, Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón, presidenta do Consello Consultivo de Galicia, comezaba a súa intervención dicindo que é este o último encontro que este Consello realiza cos maxistrados da orde contenciosa-administrativa pola finalización do mandato actual dos seus membros. Motivo polo cal, agradeceu e valorou moi positivamente o intercambio de paraceres e opinión a que deu lugar estes anos, para esa espera común de actuación, desexando e confiando na súa continuidade de cara ao futuro.

Maxistrados da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, xunto con conselleiros e letrados do Consello Consultivo, abordaron en sesións de mañá e tarde diferentes temáticas relacionadas coa función consultiva e a orde xurisdicional contencioso-administrativa.

Catro ponencias
Temas como a “Lei estatal 27/2013 sobra racionalización e sostibilidade da Administración local” ou “o beneficiario na expropiación e a problemática sobre o pagamento do xustiprezo” foron abordados respectivamente, por Gonzalo de la Huerga Fidalgo, conselleiro do Consello Consultivo de Galicia, e por Wenceslao Olea Godoy, maxistrado do Tribunal Supremo e vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial.

Concretamente, Gonzalo de la Huerga fixo unha exposición xeral recente lei sobra racionalización e sostibilidade da Administración local, cuxo exame parte da base de que dende unha exixencia de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira se acomete unha reforma en profundidade da Lei de bases de réxime local vixente, que en moitos casos non aparece aderezada dos razoamentos que serían necesarios para xustificar unha afectación dese calado no conxunto da Administración local.

O conselleiro de la Huerga indicou que como se trata dun exame global desta lei, evitou na medida do posible entrar nas particularidades dos preceptos que a configuran, e contémplase desde a perspectiva estrutural que supoñen determinados apartados, tales como: a autonomía local, o ámbito do Estado nunha Lei de bases de réxime local, o papel das Deputacións provinciais e o modelo de xestión dos servizos públicos.

No que atinxe á intervención do maxistrado do Tribunal Supremo e vocal do Consello do Poder Xudicial, Wenceslao Olea, o seu interese céntrase nun debate moi actual por canto “a actual situación de crise económica ofrece serios problemas aos xuristas, pois o noso ordenamento xurídico non estaba preparado para resolver a problemática que as situacións da vida real nos presenta”. Olea Godoy veu a recordar que “a expropiación forzosa está regulada no no noso Dereito pola vella lei de 1954, con gran rigor técnico e serviu para afrontar a problemática da institución nunha situación económica e política ben diferente da que existía no momento da súa promulgación”.

Pola súa banda e xa pola tarde, o maxistrado presidente da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, Fernando Seoane Pesqueira, centrou a súa ponencia como unha reflexión sobre “os problemas teóricos e prácticos que xera o exame que, carácter prexudicial, se realiza pola xurisdicción contencioso-administrativa de cuestións civís, mercantís e laborais, así como a posibilidade de que nas xurisdiccións civil ou laboral sse solvente materias típicamente administrativas”. Así mesmo, estudouse “a problemática do carácter devolutivo das cuestións penais, constitucionais e comunitarias, e fíxose unha análise da vinculación que poden producir as decisión doutra orde xurisdicional”.

A conferencia de clausura deste encontro, estivo a cargo da propia presidenta do Consello Consultivo de Galicia, Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón, centrada nun tema de máxima actualidade como é a “problemática da fixación de indemnizacións en expedientes por responsabilidade patrimonial da Administración sanitaria”.

Conde-Pumpido fixo unha reflexión sobre os traballos que está realizando o Consello Asesor de Sanidade de cara a establecer un Baremo para a determinación de indemnizacións derivadas da responsabilidade por asistencia sanitaria, coas súas vantaxes e inconvenientes, o seu valor para a labor dos órganos consultivos e xurisdicionais, e as dificultades da súa fixación, á luz dos criterios constitucionais e xurisprudenciais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar