Río de Janeiro, interesada na experiencia galega na recuperación do patrimonio histórico

Feijóo_Miranda_viceprefeito-Adilson Pires

 

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, mantivo un encontro co viceprefeito -vicealcalde- de Rio de Janeiro, Adilson Pires, no que ambos avanzaron vías de colaboración en materia de turismo.

Rueda destacou que a reunión foi moi produtiva, xa que abríronse camiños como a posibilidade de que a Escola de Turismo poida facer formación en Río e de facer intercambios na recuperación do patrimonio histórico, un aspecto no que están moi interesadas as autoridades da cidade e no que Galicia pode aportar a súa experiencia a nivel turístico no camiño de Santiago.

En definitiva, a reunión valeu para afianzar as canles de contacto e de oportunidades, así como para deixar patente que Galicia quere e pode ser “a porta de Brasil en Europa”, especialmente agora que o país sudamericano vive un momento moi importante, a nivel económico, coa celebración de destacados eventos de alcance mundial.

ENCONTRO CON EMPRESARIOS

Precisamente tamén sobre o turismo xirou o encontro que mantivo esta mañá o vicepresidente da Xunta con varios empresarios galegos de Río, que teñen unha enorme presenza na hostalería da cidade.

Rueda asegurou que é hora de que “Galicia mire a Brasil e viceversa” e se aproveite a experiencia en sectores como a hostalería, no que os empresarios galegos xa levan anos traballando. Ademais, incidiu na necesidade de continuar estreitando os lazos culturais, persoais -a través dos galegos que viven en Brasil- e lingüísticos que nos unen.

 

Rueda_Miranda_asilo galegos Río

SOCIEDADE DE MAIORES

Por último, o número dous da Xunta rematou a súa viaxe institucional en Brasil visitando as instalacións da Sociedade de Recreio dos Anciaos para Asilo da Velhice Desamparada, onde asinou un convenio de colaboración para a atención das necesidades socio-asistenciais básicas dos usuarios do asilo.

Con estas visitas, Rueda pechou a rolda de encontros empresariais e coa diáspora galega en Brasil que iniciou esta fin de semana no marco da súa viaxe institucional ao país sudamericano. Durante a súa viaxe o vicepresidente estivo acompañado do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar