O vicepresidente no Brasil, na procura de intensificar a relación económica co país

Rueda e Miranda no Centro Español de Salvador de Bahía.
Rueda e Miranda no Centro Español de Salvador de Bahía.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia de explorar, afianzar e ensanchar os posibles lazos de colaboración xa sexa en materia cultural, como económica ou persoal co pais brasileiro, xa que Brasil segundo afirmou Rueda representa unha excelente oportunidade de presente e futuro para Galicia, como Galicia o representa para Brasil.

Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda visitaron hoxe o Centro Espanhol de Niterói, onde mantiveron un encontro co Prefeito de Niteroi, Rodrigo Neves; co Cónsul General de España en Rio de Janeiro, Alfonso Palazón; e co vereador de Rio de Janeiro, Elton Babú. No transcurso da visita, Rueda recibiu o titulo de socio honorífico en recoñecemento a todos os galegos.

O vicepresidente da Xunta incidiu no importante papel dos galegos no exterior para o fortalecemento e desenvolvemento de accións que consoliden a internacionalización da economía galega e a proxección económica de Galicia.

O Centro Espanhol de Niteroi foi fundado no ano 1964 co obxectivo de reunir á comunidade galega residente na cidade e

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar