Milleiros de manifestantes en Ferrol en defensa do naval

Manifestación naval Ferrol

Preto de dez mil persoas saíron á rúa en Ferrol para «defender o naval» e «defender a bisbarra» nunha protesta convocada polos Comités de Empresa de Navantia, na que se reclamou que se poña fin ao veto europeo á construción naval civil e que o PP cumpra as súas promesas de construción do dique flotante e carga de traballo.

«Con lemas como sector naval unido vencerá» e peticións por parte dalgúns grupos de manifestantes de dimisión de Mariano Rajoy e do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, a protesta iniciouse ás 12,00 horas no Inferniño e finalizou na praza de Armas, con presenza de representantes políticos de todos os partidos políticos e alcaldías da zona, incluídas as do Partido Popular.

O voceiro do Comité de Empresa de Navantia Ferrol, Ignacio Naveiras, alertou que «a deterioración económica, do comercio e a hostalaría da bisbarra está case nun punto de non retorno se non se adoptan medidas complementarias», debido a que o sector naval é o principal eixe económico da bisbarra, que alcanza unha taxa de paro do 30%.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar