Novagalicia duplica a sua estructura comercial

 Novagalicia Banco_caixeiros e xente

   NCG Banco duplicou de tres a seis o número de direccións territoriais en Galicia e creou outras dúas para xestionar o seu negocio fóra da Comunidade Autónoma. «A medida orienta a entidade cara a un modelo de banca de proximidade que impulse o crédito ás familias e pymes e potencie o servizo os clientes», destaca.

   Nun comunicado, NCG indica que, baixo a supervisión de Gabriel González Eiroa, director de Banca Minorista, o equipo territorial está composto por seis directivos galegos: Jorge Martínez Martínez (Vigo), Gerardo Fortes Ayerdi (A Coruña-Ferrol), Walter Álvarez Álvarez (Lugo), Rubén Saavedra Pedreira (Ourense), Carmen Fernández Penas (Pontevedra) e Juan Carlos Carneiro Caneda (Santiago).

A nova estrutura comercial complétase coa Dirección Territorial de León e Asturias, con Marcos Lambas Seoane como director, e coa Dirección Territorial do Resto de España, baixo a tutela de Julián Mateos-Aparicio Prieto.

Segundo o director xeral corporativo de NCG Banco, Francisco Botas, «o novo proxecto empeza polo máis importante: o equipo, o negocio e os clientes, porque é aí onde se debe estar, xunto aos aforradores e as empresas, e canto máis cerca, mellor».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar