O vicepresidente Rueda visita á colectividade galega no Brasil

Rueda_rolda consello Xunta que presidíu 20032014

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, inicia hoxe unha viaxe a Brasil, na que estará acompañado polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e na que os encontros coa colectividade e os actos empresariais centrarán a súa axenda, que terá lugar en Río de Janeiro e Salvador de Bahía.

Nesta última cidade arrinca hoxe mesmo o periplo do conselleiro de Presidencia, que será o encargado de clausurar a xornada sobre contratación comercial que ten lugar na sede de Desenbahía, que é a axencia de fomento do financiamento e do crédito do Estado brasileiro de Bahía.

Mañá sábado, o vicepresidente manterá un encontro coa colectividade galega en Bahía, no Centro Espanhol. Os encontros cos galegos da diáspora tamén terán lugar na cidade de Río de Janeiro, concretamente xa a partir da xornada do domingo no Centro Espanhol de Niterói, na Casa de España e na Sociedade de Recreio dos Anciaos para Asilo da Velhice Desamparada. En Río tamén está previsto que manteña unha audiencia con empresarios galegos e con responsables da Prefeitura desta cidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar