Igualdade aumentará as axudas a mulleres víctimas da explotación sexual

Abella
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá en Lugo as sedes de Cáritas e de Aliad Ultreia, dúas asociacións coas que colabora a Xunta para que atención de mulleres en situación de prostitución ou trata con fines de explotación sexual.

López Abella reuniuse cos seus responsables, Ginés F. Plaza de Cáritas Lugo e Manuel Varela Veiga de Aliad Ultreia, aos que lles anunciou que para este 2014 a Secretaría Xeral de Igualdade non só repetirá o seu compromiso senón que aumentará as contías das súas axudas, chegando a triplicala no caso de Cáritas.

Cáritas Lugo e a Aliad Ultreia son dúas das once entidades sen ánimo de lucro coas que Igualdade asinou o ano pasado convenios de colaboración para desenvolver programas de atención de mulleres en situación de trata e prostitución. O importe total destes convenios foi de 292.000 euros en 2013 e as mulleres atendidas 5.153, máis do dobre que o ano anterior.

A Secretaría Xeral da Igualdade, a través destes convenios, achegou 7.000 euros a Cáritas Lugo, que atendeu a 270 mulleres, na súa maioría procedentes de Brasil (60), República Dominicana (57), España (54) e Colombiana (32). Para este novo ano, a Xunta ampliará a axuda a 22.000 euros, máis do triplo respecto ao ano pasado.

Pola súa banda, Aliad Ultreia recibiu 11.000 euros e atendeu a 274 mulleres, fundamentalmente con procedencia brasileira (75), dominicana (65), colombia (39) e española (26). Para este 2014 a súa axuda verase incrementada ata os 26.000 euros.

Os proxectos de ambas institucións céntranse na provincia de Lugo e concretamente nos concellos de Lugo, Guntín, Outeiro de Rei, Castro de Rei, O Corgo e Láncara. Ademais, ambas entidades contan cun servizo de teletradución gratuíto -o gasto é asumido pola Xunta- que permite ás mulleres comunicarse en máis de 50 idiomas diferentes.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar