A proxección termal de Ourense chega ao Reino Unido

Manuel Baltar_Paul T Simons_termal Reino Unido

O presidente da Deputación de Ourense recibiu hoxe en audiencia a Paul T. Simons, consultor termal internacional, de Bath (Reino Unido), quen colaborou na redacción e estudo do Plan Termal Provincial realizado por Mario Crecente, plan que foi presentado o pasado mes de febreiro. Durante a xuntanza púxeronse de releve as características comúns e potencialidades que teñen territorios como Bath e Ourense, e Paul T. Simons convidou o presidente provincial a visitar Bath, cidade de tradición termal que nos últimos anos tivo un importante desenvolvemento no eido do termalismo no ámbito internacional. Pola súa banda, Manuel Baltar deulle a coñecer os trámites que se están a realizar entre a Xunta e a Deputación de Ourense, que se certificarán no correspondente convenio de colaboración, para o desenvolvemento do Plan Termal Provincial, no cal as achegas de Paul T. Simons teranse en conta “posto que Bath é un exemplo de desenvolvemento termal internacional, camiño que temos que seguir para que Ourense sexa tamén un referente no eido do termalismo no mundo”, explicou o presidente provincial.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar