Os presidentes de deputacións reunidos en Ourense crean unha rede de cooperación

Presidentes deputacións_gobernos provinciais_Baltar_Ourense

• Esta rede nacional, proposta por Manuel Baltar, porá en valor os recursos propios de cada territorio e servirá para transferir boas prácticas no ámbito político-económico a sectores, servizos ou accións para a mellora económico-social.

• Na última xornada de traballo os presidentes aprobaron tamén unha declaración institucional conxunta na que reivindican o papel da provincia como verdadeiro ámbito para a prestación de servizos os municipios.
Os presidente de gobernos provinciais de España acordaron a creación dunha rede interprovincial de cooperación que comparta, colabore e divulgue estratexias de promoción, coñecemento e información, así como a posta en valor dos recursos propios de cada territorio, iniciativa proposta polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. No acto de clausura da I Conferencia de presidentes de gobernos provinciais de España, que tivo lugar esta mañá no Teatro Provincial de Ourense, o titular do goberno ourensán dixo que esta rede interprovincial servirá tamén «para transferir boas prácticas en materia de apoio político-económico a sectores, servizos ou accións que redunden na mellora económico-social».
Nesta xornada de clausura, que contou coa actuación da Coral de Ruada, o presidente da Deputación de Badaxoz, Valentín Cortés Cabanillas, foi o encargado de ler a declaración institucional conxunta na que os presidentes provinciais reivindican o papel da provincia «como verdadeiro ámbito para a prestación de servizos municipais».
Manuel Baltar agradeceu o consenso o que chegaron os presidentes que participaron o longo destes tres días na conferencia –máis da metade dos gobernos provinciais de España, representando a 9 das 12 comunidades autónomas que non son uniprovinciais-, así como os seus relatorios e achegas «realizadas pensando sempre en como prestar mellores servizos públicos», e tamén os debates «plantexados desde o punto de vista dos executivos e afastados de demagoxias».
Manuel Baltar anunciou que en 2015 será a Deputación de Badaxoz quen tomará o relevo da de Ourense para organizará e dar continuidade á Conferencia de presidentes de gobernos provinciais, e que no 2016 este labor corresponderalle á Deputación de Cuenca. «É o maior logro desta primeira reunión: o éxito da fórmula e a decisión de darlle continuidade. Non nos equivocamos», expresou Baltar, engadindo que son moitas as cousas de que falar, «sempre coa innegable vocación de servizo público que nos une, e, nesta ocasión, con relatorios sobre temas de tanto interese como foron a modificación do réxime electoral, a xestión cultural, o perfil da deputación como concello de concellos, ou reflexións para reaccionar diante de feitos tan graves como a despoboamento do medio rural».
Gobernos do século XXI
Baltar dixo que esta conferencia serviu para avanzar no que considera son as características principais dos gobernos provinciais do século XXI: a previsibilidade –contar cun plan de xestión e estratexia operativa-, a cooperación, a medioambientalidade -gobernos verdes e sostibles-, o rigor económico e presupostario, e a transparencia para gañar en achegamento o cidadán, con que debemos compartir toda a información porque é súa; porque as deputacións son súas».
O presidente de Ourense avanzou os eixos estratéxicos nos que está a traballar xa a Deputación de Ourense para fortalecer a institución provincial. «Redefiniremos a estrutura político-institucional fortalecendo a transversalidade na toma de decisións; articularemos foros e espazos de relación directa entre deputación e municipios, e priorizaremos as propostas de prestación de servizos obrigatorios que resulten máis eficientes por economías de escala». Ademais, Baltar anunciou que a Deputación de Ourense incluirá na estrutura orgánica «niveis directivos profesionais cun alto compoñente de implicación organizativa, cunha elevada capacidade creativa e cun forte impulso innovador», e dixo que se reforzarán os servizos económico-financieiros e os de asistencia técnica, ademais da xestión tributaria, a administración electrónica e a implantación da transparencia nas entidades locais da provincia.
Declaración institucional
O presidente da Deputación de Badaxoz, Valentín Cortés Cabanillas, deu lectura á declaración institucional conxunta desta primeira Conferencia de presidentes de gobernos provinciais destacando que o novo marco competencial e de racionalización «ten que vir acompañado dun novo marco de financiamento, non só para as provincias senón tamén para os municipios que, por primeira vez na nosa historia, debería encadearse necesariamente a un marco de financiamento autonómico».
O documento fai tamén referencia o problema do despoboamento do medio rural, considerando necesaria a aplicación de políticas de discriminación positiva no ámbito

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar