Evacuados por un incendio en Cambre un garda civil e a propietaria do inmoble

Un garda civil e a propietaria dun inmoble na localidade coruñesa de Cambre foron evacuados tras inhalar fume dun incendio na vivenda.

   Segundo recolle o último parte da Central de Emerxencias 112, os servizos sanitarios trasladaron ao hospital Santa Teresa da Coruña ao axente e a unha moza tras inhalar fume dun incendio que causou danos na campá extractora e en diversos mobles da cociña da vivenda.

O suceso tivo lugar na Rúa do Tempero, un cuarto de hora antes das 18,00 horas deste martes. Tras recibir o aviso, o 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Arteixo, a Policía Local, o Servizo Municipal de Protección Civil e Urxencias Médicas.