Vermú «made in Galicia»

Vermú Petroni_conselleira Quitana_alcaldes Padrón e Dodró Valentín Alfonsín

 

O Hotel Scala de Padrón acolleu a presentación de St. Petroni, o novo vermú feito no país por Vermutería de Galicia.

Durante o acto de presentación interviron Rosa Quintana, conselleira do Medio Rural e do Mar; Antonio Fernández Angueira, Alcalde de Padrón, en representación da Comunidade Intermunicipal de Terras de Iria; Manuel Vidal, xerente de Vermutería de Galicia, e Diego Pardal Moureiras, conselleiro delegado de Vermutería de Galicia.

Ademais de numerosos persoas, amigos e representantes do ámbito empresarial e da comunicación, ó acto asistiron tamén personalidades como Ramón Tojo Lens, deputado pola provincia da Coruña e alcalde de Rois e Valentín Alfonsín Somoza, alcalde de Dobro, que quixeron acompañar ós socios de Vermutería de Galicia neste día tan especial.

Durante a súa intervención, Manuel Vidal amosouse convencido de que este produto feito en Galicia suporá un graniño de area que contribuirá a realzar os produtos da nosa terra , ó desenvolvemento da nosa comarca e o turismo na zona do Sar. Comercializando un produto de excelencia, porase en valor a excepcional uva galega de albariño e darase a coñecer tamén a nosa relevancia histórica, cultural e patrimonial.

DESEÑO DIDÁCTICO E CULTURAL

Un deseño atractivo, pero tamén didáctico e cultural, con pinceladas da cultura das Terras de Iria, porque máis alá da marca, queremos dar a coñecer o noso pobo e a nosa cultura. St. Petroni, este vermú vermello de albariño, é a fusión de historia, cultura, botánica, viticultura, enoloxía e arte de Galicia.

 

Vermú Petroni_conselleira Quitana_alcaldes Padrón e Dodró Valentín Alfonsín_2

Este produto representa a oportunidade de contribuír ó desenvolvemento de Galicia e, en harmonía con ela, de xerar riqueza para o seu conxunto.

“Cumprimos un soño, grazas a unha terra que nos axudou a parir este produto, e como nosa nai, pídolle a Galicia que nos mime e nos coide sempre”. Antonio Fernández Angueira felicitou así e quixo agradecer ós cinco xóvenes emprendedores de Vermutería de Galicia 2por mimar a nosa terra, difundir a nosa historia e levar alén das nosas fronteiras a esencia e riqueza da terra padronesa a través dun produto e dunha empresa que leva impresa a identidade de Galicia e, en particular de Terras de Iria.

CONSELLEIRA QUINTANA

A conselleira sinalou que “o Vermú Petroni constitúe un exemplo de iniciativa empresarial, e ven a demostrar que con esforzo, con intelixencia, e sobre todo con espírito emprendedor, pódense suplir elevadas inversións e levar a cabo un gran proxecto. Un proxecto que ademais permitirá coñecer alá onde chegue un anaco de nós”. “Desexo de todo corazón que esta realidade sexa un gran éxito, e que ese éxito sexa extensible a toda a nosa comarca, Terras de Iria”

Rosa Quintana rematou a quenda de intervencións agradecendo ós socios de Vermutería de Galicia, sobre todo como galega, por conseguir co seu traballo o logro deste vermú St. Petroni, por lograr innovar e demostrar que en Galicia, non só temos uns produtos primarios de primeira calidade, senón que contamos tamén co capital humano capaz de elaboralos para dar saída a produtos novidosos, que atopan unha boa acollida no mundo comercial.

“Unha vez máis podemos dicir con orgullo que un produto galego sae ao mundo para poñer o nome da nosa Comunidade, nunca mellor dito, na boca de todos.”

Manuel Vidal foi o encargado de pechar convidando a todos a unha sesión vermú moi especial amenizada pola exquisita actuación de voz e piano de Carmen D’Or.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar