Arredor de mil galegos participarán na «Marcha pola Dignidade» que confluirá en Madrid

Os socios de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) chaman a participar na ‘Marcha pola dignidade’ que confluirá este sábado en Madrid procedente de varios puntos da xeografía estatal. Nela, participará ao redor dun millar de galegos.

Nun comunicado, o Grupo Parlamentario de AGE apelou a apoiar esta mobilización, que partirá ás 17,00 horas da madrileña estación de Atocha e na que participarán os deputados Yolanda Díaz, Eva Solla, Juan Fajardo, Antón Sánchez e Ramón Vázquez. Ademais, tamén participarán cargos políticos de Esquerda Unida e de Anova.

Os socios de AGE desfilarán na columna galega en defensa de «pan, traballo e teito», como di o lema. A manifestación levarase a cabo en contra das políticas «neoliberales homicidas» e da «troika».

Está previsto que, polo menos, acuda un millar de galegos, que o farán en dous trens alugados a Madrid que confluirán en convoi en Ourense para chegar a capital española a mediodía, e nunha decena de autobuses.

A convocatoria está apoiada, ademais, por CUT, o Sindicato Ferroviario, CGT, STEG e o Sindicato Labrego Galego.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar