A exposición «51 páxinas das Letras Galegas» chega a Carballiño

Baltar_Pilar Rojo_51 paxinas Letras Galegas no Carballiño_Marnotes

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asistiu á inauguración da exposición «51 páxinas das Letras Galegas» que se exhibe no Auditorio do Carballiño, referida aos homenaxeados das Letras Galegas. A mostra foi inaugurada pola presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e contou tamén coa presenza do alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes. A mostra, organizada pola Cámara galega, coa colaboración da Xunta e a Real Academia Galega, ten como obxectivo resaltar a figura dos autores homenaxeados no Día das Letras Galegas, desde súa a instauración, no ano 1963. A exposición está conformada polas Medallas das Letras Galegas, que son obra do debuxante, pintor e caricaturista Siro López e do escultor Manuel Ferreiro Badía.

A exposición complétase con paneis que exhiben as biografías e as principais obras dos autores, textos elaborados por académicos da RAG na procura dun achegamento ao universo literario galego.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar