Os galegos poderemos acceder por Internet ao historial clínico persoal

Pedro Puy_rolda Parlamento

 

O voceiro do Grupo Popular no Parlamento de Galicia pedirá á Xunta que se facilite o acceso a historia clínica persoal a cada cidadán de Galicia a través de Internet.
A medida xa é posible unha vez que se avanzou na mellora dos procedementos informáticos que xa permiten acceder a esa documentación gráfica e de texto na totalidade dos centros hospitalarios de Galicia, en condicións de confidencialidade.
Na actualidade, arredor de oitenta galegos xa teñen acceso a sua historia clínica.

Por outra parte, o Grupo Popular incorporou na orde do día do Pleno da vindeira semana a iniciativa lexislativa popular para garantir a prestación das especialidades de Hemodinámica, Radioterapia e Medicina Nuclear en igualdade de condicións para toda a cidadanía galega, con independencia do seu lugar de residencia en Galicia.

Así mesmo, os deputados populares defenderan una proposición en relación coa pobreza enerxética da poboación en risco de exclusión social.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar