Morre unha muller atropelada en Boiro

Unha muller duns 67 anos de idade faleceu tras ser atropelada no lugar da Boliña, no termo municipal de Boiro.

Segundo informou o 112, efectivos de Protección Civil de Boiro confirmaron o falecemento da muller de idade avanzada tras ser atropelada sobre as 20,08 horas de onte.

O 112 Galicia, ao recibir a alerta dun particular, pasou aviso aos servizos sanitarios de urxencia e tamén solicitou a intervención da Guardia Civil de Tráfico e de Protección Civil de Boiro.

O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial e un médico do Punto de Atención Continuada (PAC) pero, malia as manobras de reanimación practicadas, a muller, M.C.A.Y., de 67 anos, faleceu no punto, segundo confirmaron fontes sanitarias.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar