Manolo González, Premio de Honra da Academia do Audiovisual

Manolo González_audiovisual_Premio de Honra Academia Audiovisual

A Academia Galega do Audiovisual decidiu outorgar este ano o seu premio honorífico a unha das persoas máis relevantes do audiovisual galego, Manolo González, cuxa traxectoria profesional se desenvolveu en boa parte no ensino. O homenaxeado recibirá o Premio de Honra “Fernando Rey” na gala de entrega dos XII Premios Mestre Mateo, que terá lugar no Palexco da cidade da Coruña o 12 de abril.

A paixón e compromiso de Manolo Gonzalez pola profesión, destaca a Academia, fixeron que formase parte da creación, desenvolvemento e impulso da Escola de Imaxe e Son da Coruña, sen a que non se entendería a historia máis recente do audiovisual en Galicia. Sempre comprometido coas novas xeracións e cos novos talentos, vangardista en políticas culturais no seu paso pola Axencia Galega do Audiovisual, documentalista e mestre, Manolo Gonzalez é, en definitiva, unha das persoas que máis se apaixoaron, se entregaron e se comprometeron co audiovisual en Galicia.
Este xoves, día 20 de marzo, a partir das 11h30 terá lugar, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela, a xa tradicional reunión dos finalistas dos premios Mestre Mateo 2014, á que tamén asistirá o homenaxeado Manolo Gonzalez. A Academia anunciará, ademáis, o nome da persoa que conducirá a gala, que terá lugar o 12 de abril na Coruña.

Os XII Premios Mestre Mateo contan con patrocinino da Academia Galega das Industrias Culturais (Agadic), do Concello da Coruña, da Deputación da Coruña e da Televisión de Galicia e máis coa colaboración da Fundación Aisge e de Gadis.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar