O sindicato policial SUP alerta de «camoristas profesionais» na protesta do cerco

Rolda de presa SUP_policía

   O secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía (SUP), José Freire, alertou da presenza de «camorristas profesionais» nas protestas da flota do cerco e reprobou o comportamento dalgúns «políticos sectarios que actúan máis como hooligans».

   En rolda de prensa seis días despois da carga policial que se produciu contra manifestantes nas inmediacións do Parlamento de Galicia, Freire xustificou a devandita medida que foi, segundo afirma, «proporcionada», ante o lanzamento de botellas, cadeiras, lastras e ata tapas de sumidoiro».

Ademais, na xornada previa a unha nova reunión entre representantes deste segmento do sector pesqueiro na Consellería do Mar, o secretario xeral do SUP criticou a actitude de membros do BNG como a deputada Monste Prado, antes de advertir que non lle sorprende cando «este partido político vai en coalición –ás europeas– con aqueles que jaleaban os asasinatos» da banda terrorista ETA.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar