Rescatado en Redondela un can atrapado nun lazo

Can rescatado Deputación Pontevedra

O Centro de Acollida de Animais Abandonados (CAAN) de Armenteira, impulsado pola Deputación de Pontevedra, vén de rescatar un novo can abandonado atrapado nun lazo utilizado para a caza furtiva nunha parroquia de Redondela.
O CAAN foi alertado polos veciños da parroquia de Cedeira, en Redondela, da presenza dun can que estaba atrapado nun lazo no medio dun regato, polo que os servizos veterinarios do centro acudiron de forma inmediata ao lugar para tratar de liberar e salvar ao animal.
Fixérono acompañado de dous axentes ambientais da Consellería de Medio Ambiente e, unha vez valorada a situación, adoptaron a decisión de anestesiar ao animal para poder liberalo do lazo.

Can rescatado Deputación Pontevedra_2
Posteriormente, procederon ao traslado do can ao centro de Armenteira, onde o trataron das súas feridas e agora se recupera dos danos sufridos. Os veterinarios, que bautizaron ao novo inquilino do centro como Pegaso, constataron tamén que carecía de identificación electrónica.
Esta non é a primeira vez que os técnicos do servizo provincial de acollida de animais abandonados se atopan cun animal con serias feridas como consecuencia do uso ilegal de lazos. Neste sentido, o centro denuncia a proliferación destes aparellos nas zonas rurais e lembra que a instalación dos mesmos é unha conduta totalmente irresponsable e ilegal.
Cómpre lembrar que recentemente tamén fora rescatado Kurt, un can atopado en Lalín e que sufría serias lesións despois de quedar atrapado en dous lazos. Kurt tiña un dos lazos incrustado no pescozo e outro nunha pata, pero o labor dos profesionais do centro conseguiu recuperar o animal e atoparlle un novo fogar en Ribeira.
Agora é Pegaso o que agarda por unha familia que adopción disposta a darlle cariño e protexelo.
Calquera persoa que estea interesada tanto en adoptar a Pegaso como a calquera dos animais que se atopan nas instalacións da Deputación en Armenteira pode visitar o centro, consultar a páxina web (www.caan.depo.es) ou chamar por teléfono ao 608 975 326, onde será puntualmente informada.
A é totalmente gratuíta e o adoptante recibe ao animal desparasitado, vacinado e identificado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar