Hoxe coñeceranse os premios «Mestre Mateo»

Premios Meste Mateo X ediciónHoxe terá lugar, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela a xa tradicional reunión dos finalistas dos premios Mestre Mateo 2014. Nesta edición, ademais de para fomentar o encontro entre os e as finalistas nas distintas categorías dos premios que organiza a Academia Galega do Audiovisual, a reunión servirá para dar a coñecer o nome do homenaxeado co Premio de honra deste ano. Ademais, neste mesmo acto, a Academia anunciará o nome da persoa que conducirá a gala, que terá lugar o vindeiro 12 de abril no Palexco da cidade da Coruña.

A longametraxe «Somos xente honrada» é finalista en 13 das 26 categorías da duodécima edición dos premios Mestre Mateo. Síguena as series de televisión «Era visto», con 9, e «Luci», con 8 candidaturas. A película para televisión «Salgadura» obtivo 7 candidaturas e «Inevitable», 6. Con 5 candidaturas están empatadas dúas películas para televisión, «Encallados» e «Todos os santos», e unha serie para TV, «Gran hotel». A catro premios aspiran «Padre Casares» e «A Casa da Conexa». «Luar» é finalista en 3 categorías e «Galegos no mundo», en 2.

Proxeccións dos gañadores dos Premis Gaudí no CGAI
Grazas ao convenio entre a Acadèmia do Cinema Catalá e a Academia Galega do Audiovisual e á colaboración do CGAI, desde hoxe e ata o vindeiro xoves poderán visionarse na sala do Centro Galego das Artes da Imaxe as longametraxes gañadoras da recente edición dos premios cataláns. O programa é o seguinte:
11 de marzo, 20.00h, Carta a Eva.
12 de marzo, 18.00h, Mon Petit.
12 de marzo, 20.30h, La Plaga.
13 de marzo, 18.00 y 20.30h, Tots volem el millor per a ella

Este convenio permitirá, asimesmo, que as longametraxes gañadoras na vindeira edición dos premios Mestre Mateo sexa proxectadas en Cataluña nos próximos meses.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar