A Deputación de Ourense convoca as axudas anuais aos clubs deportivos

Deputación de Ourense.
Deputación de Ourense.

A Deputación de Ourense ven de convocar as axudas a clubs deportivos 2014, cunha dotación económica global de 350.000 euros, o que supón un incremento de 100.000 euros con respecto a convocatoria do pasado exercicio. Ata o vindeiro 12 de abril atópase aberto o prazo de solicitudes da convocatoria de concesión de subvencións a “Clubs Deportivos de Ourense” da tempada deportiva 2013-2014 que poderán solicitar os clubs deportivos da provincia de Ourense que reúnan os requisitos establecidos na indicada convocatoria. As bases foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia número 57, 11 de marzo de 2013, cunha contía máxima por cada beneficiario de 21.000 euros.

O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación de Ourense para a tramitación e concesión de subvencións mediante convocatoria pública e a través do procedemento de concorrencia competitiva, coa finalidad de financiar parcialmente os gastos derivados da súa participación nas competicións deportivas durante a presente temporada 2013-2014.

A convocatoria inclúe os correspondentes anexos que ,deberán cubrir os clubs , para facer máis doada a presentación de documentos ,que lle servirán de base á comisión avaliadora para realizar a correspondente proposta de concesión de subvencións.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar