Caen os usuarios dos aeroportos de Vigo e Santiago e crecen os de A Coruña

   Os pasaxeiros rexistrados polos aeroportos de Vigo e Santiago descenderon durante o pasado mes de febreiro un 15,7 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior, mentres que A Coruña rexistrou un incremento do 40,6 por cento. Aínda así, a cifra global de viaxeiros descendeu con respecto a 2013.

aviones-aeropuerto-lavacolla-santiago-de-compostela   Segundo os datos publicados este luns por Aena, os aeroportos de Santiago e Vigo rexistraron en conxunto no mes de febreiro 155.214 pasaxeiros, un 15,7 por cento menos que os 184.130 de hai un ano.

O aeroporto compostelano de Lavacolla rexistrou durante o segundo mes de ano 11.741 usuarios, un 18,9 por cento menos que en febreiro de 2013. Así mesmo, Vigo experimentou un descenso neste parámetro do 6,1 por cento, ata os 43.473 pasaxeiros.

En contraposición, A Coruña experimentou un incremento do 40,6 por cento no número de pasaxeiros en febreiro, dende os 47.203 usuarios ata os 66.372.

En conxunto, en xaneiro e febreiro Santiago rexistrou un descenso do 16,2 por cento en número de pasaxeiros, mentres que Vigo caeu un 10,1 por cento. A Coruña, pola súa banda, creceu un 41,1 por cento nos dous primeiros meses.

OPERACIÓNS

En canto ao número de operacións durante o mes de febreiro, Lavacolla rexistrou 1.147, un 11,9 por cento menos; Penador 661, un 7,6 por cento menos; e A Coruña creceu un 23,7 por cento, ata as 972 operacións.

No ámbito do transporte de mercadoría, non obstante, invértese a tendencia. No segundo mes do ano, Lavacolla creceu neste parámetro un 27 por cento, e Vigo fíxoo un 13,3 por cento. A Coruña, pola súa banda, caeu un 86,5 por cento.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar