A televisión máis vista en Galicia

 

A Televisión de Galicia (TVG) foi a canle máis vista en Galicia durante este domingo e, ademais, foi o que máis espectadores sumou proporcionalmente en relación ao resto de autonómicas de España.

Plató TVGDesta forma, a TVG conseguiu o liderado tanto en Galicia coma entre o conxunto de canles que forman a Federación de Organismos de Raio e Televisión Autonómicas (FORTA), no conxunto do día, cun 11,1 por cento e en ‘prime estafe’, cun 12,1 por cento.

Segundo os datos achegados polo ente público, a Galega converteuse na canle cun maior seguimento no total do día, superando Tele5 en tres décimas, a La1, en 1,4 puntos de cota; e a Antena3, en 2,1 puntos; mentres que as restantes canles se situaron a unha distancia superior a 3,8 puntos de ‘share’.

Na comparativa, Televisión de Galicia tamén incide en que a Galega foi tamén este domingo a canle autonómica máis vista no conxunto do día, por diante de Aragón TV (10,8%), a vasca ETB2 (10,2%), a canaria TVCan (10,1%) e o resto, que quedaron a distancias con rexistros inferiores ao 8 por cento de pantalla.

Así as cousas, segundo os datos que recolle a empresa Kantar Media, no ámbito galego, a TVG foi vista por 844.000 persoas de 4 anos en diante.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar