Dimite o concelleiro do PP de Mugardos por un control de alcoholemia

O concelleiro do PP de Mugardos Gustavo Garro, condenado a un ano de prisión tras negarse a pasar un control de alcoholemia, anunciou este domingo que o luns, 10 de marzo, renunciará á súa acta de edil.

Segundo publica este domingo La Voz de Galicia, o concelleiro protagonizou un incidente coa Policía Local de Ferrol na madrugada do venres ao sábado no negouse a facer a proba de alcoholemia, se ben ía ebrio ao volante segundo síntomas evidentes detectados polos axentes, á vez que foi acusado de atentado tras resistirse. Por iso, foi condenado nun xuízo rápido –tras acordo entre defensa e fiscal– a un ano de cárcere e a retirada do carné de conducir por 16 meses. Garro non ingresará en prisión xa que carece de antecedentes.

Nun comunicado, o PP de Mugardos informa este domigo de que Garro pediu desculpas polo incidente protagonizado coa Policía Local, de forma que «asume a súa responsabilidade como cargo político tras un feito que entende que non ten xustificación posible».

Así mesmo, os populares sosteñen que Garro lle presentou a súa dimisión –que se fixo pública na tarde deste domingo– ao voceiro do PP de Mugardos, Domingo de Deus, o pasado sábado, 8 de marzo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar