O Consorcio de Santiago rehabilitou a igrexa de Conxo

Currás_Maria Antón_igrexa Conxo recuperada humidades_Consorcio

 

A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago promoveu a eliminación de humidades na capela do Santo Cristo de Conxo. Esta mañá o alcalde de Santiago, Ángel Currás, visitou a igrexa para coñecer os resultados dos traballos levados a cabo na mesma. Estivo acompañado pola xerente do Consorcio, María Antón; a arquitecta que coordinou as obras, Lourdes Pérez; xunto co párroco de Conxo, Manuel Pérez; e os responsables da empresa que desenvolveu as tarefas de rehabilitación, Construcciones Abal. O orzamento global da obra ascendeu a 109.749,58 euros.

A igrexa de Santa María de Conxo data de 1999. De traza neoclásica, foi construída sobre os restos do antigo convento de Benedictinas mandado erixir polo arcebispo Xelmírez. A arquitecta do Consorcio Lourdes Pérez explica que estaba moi afectada por humidades e, para atallar este problema, incorporáronse canalóns nos aleiros da cuberta, destinados á recollida da auga da chuvia, e fíxose unha revisión completa de todos os rexuntados das fachadas da igrexa. Por outro lado, realizouse unha drenaxe dos muros perimetrais. “E restauráronse ou substituíronse por outras as carpinterías exteriores deterioradas, o que vai permitir unha correcta impermeabilización e ventilación da edificación” -sinala-.

Currás_Maria Antón_igrexa Conxo recuperada humidades_Consorcio_2

No tellado da capela ten establecidos os seus niños unha colonia de cirrio común, unha ave protexida que cada ano chega de África a finais de abril para reproducirse nos ocos dos edificios. A instalación de canalóns na cuberta da capela de Conxo impediríalles a estes paxaros entrar nos aleiros, onde crían. Deste xeito, o Consorcio de Santiago colaborou coa Sociedade Española de Ornitoloxía co fin de garantir a súa conservación. Deixáronse ocos nos aleiros para que os cirrios poidan acceder ás cubertas da igrexa e sigan a construír alí os seus niños.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar