140 exemplares de vacún frisón participarán la feira GandAgro en Silleda

Concurso Frisón Silleda

Un total de 140 exemplares de vacún frisón de alta xenética procedentes de Galicia, Asturias e Cantabria participarán nos concursos Autonómico e Internacional desta raza no III Monográfico da Gandería e a Agricultura, GandAgro 2014, o cal se celebrará do 13 ao 15 de marzo na Feira Internacional de Galicia.

O XXIII Concurso Autonómico da Raza Frisona “Fefriga”, que atraerá aos exemplares máis destacados desta raza en Galicia, contará coa participación de 105 reses. Delas 50 proceden da provincia de Lugo, 32 de A Coruña e 23 de Pontevedra.

Pola súa banda, o XXXII Open Internacional GandAgro da Raza Frisona converterase un ano máis en punto de encontro da mellor cabana bovina. Reunirá, ademais dos 105 exemplares de distintos puntos de Galicia que participan no Concurso Autonómico, a outros 18 orixinarios de Asturias e 17 de Cantabria. En total serán 140 animais os que compitan.

Os galardóns que se concederán nesta edición dos concursos serán Campioa de Galicia e Campioa Internacional (en función do concurso) nas categorías de becerra, xovenca, vaca xoven, vaca intermedia e vaca adulta; e Gran Campioa de Galicia e Gran Campioa Internacional (segundo o concurso) nas de xovenca e vaca. Tamén se recoñecerá ao Mellor Criador de Galicia e ao Mellor Criador Internacional.

Organizados pola Federación Frisona Galega (Fefriga) e a Fundación Semana Verde de Galicia, os concursos celebraranse os días 14 e 15 de marzo e serán xulgados polo xuíz Brian Carscadden, da Asociación Holstein de Canadá.

Ademais destas prestixiosas competicións, en GandAgro 2014 celebrarase o XXX Concurso de Xóvenes Manexadores “Memorial Luis Louzao” e o VII Concurso de Preparadores de Gando. Ambas competicións teñen como obxectivo implicar aos máis xóvenes nas tarefas de selección e avance da raza frisona, estimulándoos para que mostren a súa capacidade de preparación e presentación en pista dos animais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar