O conselleiro Hernández reitera que a suba do canon é una norma para cumprir

Conselleiro HernándezO consellerio de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, reiterou que a suba do canon de Sogama, que entra en vigor este sábado, é consecuencia da modificación do marco do sector eléctrico e unha Lei autonómica que hai que cumprir.

A suba do canon de Sogama, que encarecerá a factura un 33,5% para os concellos, entrará en vigor este sábado, entre protestas de boa parte dos alcaldes e a ameaza dun centenar deles de pagar a tarifa aplicada ata agora máis o incremento do IPC, pero non o aumento recollido nos presupostos galegos para 2014.

Sobre iso, o conselleiro do ramo insistiu preguntado polos medios en Vigo en que xa está «todo trasladado» sobre esta decisión, e que se trata dunha normativa que é necesario «cumprir».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar