O BNG estma que Galicia perde 308 millóns da PAC

Vence_xornadas agrícolas en Castro Riberas de Lea_BNG
O voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, acusou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de «aceptar» que Galicia «perda 308 millóns de euros» na repartición de axudas da Política Agraria Común (PAC) ao non «cuestionar os criterios que impón» o Goberno central que «mantén unha regras do xogo que prexudican» á Comunidade.

Nunha xornada sobre agricultura organizada polo BNG en Castro Ribeiras de Lea (Lugo), o líder dos nacionalistas galegos lamentou que Galicia «solo recibirá o 3,2 por cento do total das axudas que cheguen de Bruxelas, malia que o sector galego achega o 6 por cento da produción agraria total» e ten «o 16 por cento dos gandeiros e agricultores de todo o Estado».

«Feijóo acepta que o sector perda 308 millóns para o desenvolvemento rural sen cuestionar uns criterios que perpetúan un ‘status quo’ que discrimina o campo galego na distribución das axudas da PAC», denunciou Xavier Vence na súa intervención.

Neste sentido, explicou que o sector agroganadero galego perdeu 11.700 empregos co actual goberno do PP na Xunta «sen que haxa alternativa de emprego para o medio rural noutros sectores». «Se o Estado español aplicase os criterios de Francia, o sector lácteo obtería o dobre de recursos que os que ten agora pola submisión de Feijóo aos criterios de Madrid», criticou.
PLAN DE DESENVOLVEMENTO RURAL

A este respecto, Vence instou ao Goberno galego a elaborar, «canto antes, o Plan de Desenvolvemento Rural «pactado co sector e con todas as forzas políticas do Parlamento» xa que, segundo indicou, o obxectivo é alcanzar «un plan de país».

Tamén pediu que os recursos deste plan se destinen a promover a transformación do produto coa creación de pequenas empresas para «dar valor engadido aos produtos» e «incrementar as rendas dos gandeiros e agricultores».

Ademais, avogou por destinar recursos a mobilizar «terra improdutiva» para «dar maiores dimensións ás explotacións» e «preservar o territorio rural galego» pois iso «permitiría unha loita máis eficaz» contra o lume».
COTAS LÁCTEAS

Vence tamén chamou a atención sobre o actual sistema de cotas lácteas, que expira en maio de 2015, cando a liberalización «será total». Este feito, indicou, poderá provocar a entrade de leite excedente doutros países europeos máis barato» e provocar unha caída do prezo do leite galego.

No acto, a candidata do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, destacou o traballo realizado na eurocámara pola formación nacionalista para «darlle voz ao sector agroganadero galego, defendendo unha definición de agricultor activo» que garanta que as axudas se destinen «a quen realmente vive do agro».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar